Pío XII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
+ cats; lig ints
Liña 1:
{{FormatoWiki}}
 
'''Pío XII''' (en [[latín]], Pius PP. XII), nado '''Eugenio Maria Giuseppe Giovanni Pacelli''' en [[Roma]], [[Italia]] o [[2 de marzo]] de [[1876]] e finado en Castelgandolfo, [[ItaliaCastelgandolfo]] o [[9 de outubro]] de [[1958]], foi o 260º [[Papa]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e soberano do Estado da [[Cidade do Vaticano]] entre o 2 de marzo de 1939 e a súa morte. Foi declarado ''Venerable'' o 19 de decembro de 2009 por [[Bieito XVI]].
 
Anteriormente á súa elección como Papa, Pacelli desempeñou as funcións de Secretario da Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, nuncio papal en diferentes países de [[Europa]], e Cardeal Secretario de Estado, cargo no que culminou varios concordatos internacionais con estados europeos e americanos, como o Concordato Imperial (en alemán, Reichskonkordat) coa [[Alemaña nazi]]. O seu pontificado durante a [[Segunda Guerra Mundial]] é un dos máis controvertidos da época contemporánea, principalmente no referido ao coñecemento e encubrimento dos crimes e o [[antisemitismo]] do rexime nazi.
 
== Formación Traxectoria==
Terceiro dos catro fillos de Filippo Pacelli, príncipe de Acquapendente e de Sant'Angelo in Vado, e Virginia Graziosi, naceu nunha familia aristocrática dedicada durante xeracións ao servizo papal. Disciplinado e capacitado para o estudo, Eugenio Pacelli realizou os seus estudos secundarios clásicos no liceo «Ennio Quirino Visconti», de Roma, escola con tendencias anticlericais e anticatólicas.
 
Liña 11 ⟶ 12:
Ordenado sacerdote o 2 de abril de 1899, Domingo de Pascoa de Resurrección, Pacelli matriculouse na Pontificia Universidade Gregoriana e no Instituto Apollinare da Pontificia Universidade Lateranense, doutorándose en Teoloxía e ''In utroque iure'' (dereitos civil e canónico).
 
== =Carreira eclesiástica ===
Como sacerdote, foi asignado a Chiesa Nuova, onde servira como acólito, pero en 1901 ingresou na Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, dependente da Secrearía de Estado vaticana, como ''minutante'' grazas á recomendación do cardeal Vannutelli.
 
Liña 20 ⟶ 21:
Como secretario, Pacelli concluíu un concordato con [[Serbia]], días antes do asasinato do Archiduque [[Francisco Fernando]], e durante a [[Primeira Guerra Mundial]], levou o rexistro vaticano dos prisioneros de guerra. En 1915 viaxou a [[Viena]] para asistir ao nuncio Scapinelli nas negociacións co Imperador [[Francisco Xosé I]].
 
=== Arcebispo e nuncio ===
[[Bieito XV]] designou a Pacelli nuncio apostólico en [[Baviera]] o 23 de abril de 1917, consagrándoo bispo titular de Sardes, e inmediatamente elevándoo ao arcebispado na Capela Sixtina o 3 de maio seguinte, antes de partir para presentarse perante o rei Luís III, primeiro, e o kaiser [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]] despois. Ao estar vacante a nunciatura de [[Berlín]], na práctica Pacelli exerceu as funcións de nuncio en todo o [[Imperio Alemán]] nos últimos meses da guerra e durante a posguerra.
 
=== Cardeal ===
En 1929 [[Pío XI]] créao cardeal presbítero de San Xoán e San Paulo, e após a dimisión de Gasparri, Secretario de Estado debido ao seu satisfactorio labor no dicasterio alemán pero fundamentalmente polo seu coñecemento da política alemá nuns tempos especialmente complicados, en pleno ascenso do [[Partido Nazi|partido nacional-socialista]].
 
Liña 34 ⟶ 35:
Simultaneamente ao cargo de secretario de Estado, que mantivo mesmo tras a súa designación como Papa, o cardeal Pacelli desempeñou neste período os de arcipreste da Patriarcal Basílica Vaticana (1930), gran chanceler do Pontificio Instituto de Arqueoloxía Cristiá (1932) e Camarlengo da Santa Igrexa Romana (1935).
 
== =Papa ===
{{PapS-XX}}
Á morte de [[Pío XI]], a xestión da sede vacante correspondeu a Pacelli pola súa condición de camarlengo, cargo que o convertía ademais en candidato favorito. O [[conclave]] durou apenas dous días, e á terceira votación, o 2 de marzo de 1939, Pacelli resultou elixido Papa, sendo o primeiro que carecía de calquera experiencia pastoral, fose en parroquias ou en dióceses, dado que desenvolvera toda a súa carreira na administración vaticana. Tal vez isto explique a orientación eminentemente política do seu pontificado, moi condicionado por acontecementos históricos tan decisivos como a [[Segunda Guerra Mundial]] e a posterior [[Guerra Fría]]. Algúns historiadores criticaron o silencio do Papa diante do [[holocausto]], acusándoo de [[antisemitismo]]; tamén as súas actitudes anticomunistas o levaron a lexitimar a [[ditadura]] de [[Franco]] en [[España]] coa asinatura do concordato de 1953, a cambio de importantes privilexios e vantaxes para a Igrexa, e a condenar as ideoloxías [[Marxismo|marxistas]] e [[Comunismo|comunistas]], ameazando coa excomuñón a todos os católicos que as apoiasen.
Liña 50 ⟶ 51:
 
[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Nados en 1876]]
[[Categoría:Nados en 1958]]
[[Categoría:Nados en Roma]]
[[Categoría:Venerados pola Igrexa Católica]]
{{Link FA|en}}