Pío XII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 38:
Á morte de [[Pío XI]], a xestión da sede vacante correspondeu a Pacelli pola súa condición de camarlengo, cargo que o convertía ademais en candidato favorito. O [[conclave]] durou apenas dous días, e á terceira votación, o 2 de marzo de 1939, Pacelli resultou elixido Papa, sendo o primeiro que carecía de calquera experiencia pastoral, fose en parroquias ou en dióceses, dado que desenvolvera toda a súa carreira na administración vaticana. Tal vez isto explique a orientación eminentemente política do seu pontificado, moi condicionado por acontecementos históricos tan decisivos como a [[Segunda Guerra Mundial]] e a posterior [[Guerra Fría]]. Algúns historiadores criticaron o silencio do Papa diante do [[holocausto]], acusándoo de [[antisemitismo]]; tamén as súas actitudes anticomunistas o levaron a lexitimar a [[ditadura]] de [[Franco]] en [[España]] coa asinatura do concordato de 1953, a cambio de importantes privilexios e vantaxes para a Igrexa, e a condenar as ideoloxías [[Marxismo|marxistas]] e [[Comunismo|comunistas]], ameazando coa excomuñón a todos os católicos que as apoiasen.
 
[[Ficheiro:Tumulo pio xii260-pio12.jpg|miniatura|dereita|Túmulo de Pío XII.]]
 
Promulgou a doutrina da [[Asunción de María|Asunción da Virxe]] como [[dogma]] de fe en 1950 mediante a constitución apostólica ''Munificentissimus Deus''; através da encíclica ''Fidei donum'' (1957), invitaba a toda a Igrexa a reactivar o espírito misioneiro, especialmente no [[África|continente africano]].