Diferenzas entre revisións de «Festival de Cans»

m
sen resumo de edición
m
Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en [[alpendre]]s, [[Adega (de viño)|adega]]s e baixos de casas; en vez de [[limusina]]s o "vehículo oficial" son os [[chimpín]]s, etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".
 
Está organizado pola [[Asociación Cultural Arela]] e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de [[ficción]] e outra de [[animación]]. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como ''Por min e por todos os meus compañeiros'' de Judas Diz ese ano, e en 2007 ''[[Abrígate]]'' de Ramón Costafreda, ''Gritos no corredor'' de Juanjo Ramírez, ''Só concertinas'' de [[Víctor Coyote]], ''Cartas italianas'' de Marios Iglesias, ''A noite que deixou de chover'' de [[Alfonso Zarauza]], ''[[Doentes (filme)|Doentes]]'' de [[Gustavo Balza]], ''Personal Movie'' de [[Héctor Carré]] ou ''Escuchando al juez Garzón'' de [[Isabel Coixet]]. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores [[videoclip]]s galegos. En 2008 creouse a Sala Multiusos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.
 
Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.
32.647

edicións