Abrir o menú principal

Cambios

lig int
 
==Traxectoria==
Xoán Caboto naceu sobre o ano [[1450]] en [[Xénova]], Italia, segundo din os documentos que falan da súa familia. Sobre o ano [[1461]] Caboto vivía en [[Venecia]] onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano [[1482]] aproximadamente casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.
 
===En Venecia===
Sobre o ano [[1461]] Caboto vivía en [[Venecia]] onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano [[1482]] aproximadamente casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.
 
Igual que o seu pai, dedicouse ó comercio. Comerciaba cos portos do [[Mediterráneo]] do leste, ata converterse nun experto mariñeiro. Comerciaba principalmente con valiosas mercadorías asiáticas coma especies, seda, pedras preciosas e metais que chegaban a [[Europa]] por vía terrestre ou a través do [[Mar Vermello]].
 
=== En España ===
Sobre o ano [[1490]], Caboto e a súa familia mudáronse a [[Valencia - València|Valencia]]. É probable que fose nesta cidade onde se propuxo seguir os pasos de [[Cristovo Colón]] e comezou a formar parte das exploracións ao [[Océano Atlántico]]. Os países líderes destas exploracións eran por aquel entón [[Portugal]] e [[España]] e os monarcas de ámbolos dous países desexaban atopar novas rutas para conseguir as riquezas da Asia. Estas rutas tiñan que evitar penetrar polo Mediterráneo, onde as cidades italianas exercían un amplo monopolio. Mais entre estas pretensións había outra tamén de menos peso, pero importante naquelas datas, e era a da expansión do cristianismo para deter o avance musulmán.
 
Porén, nin España nin Portugal se interesaron por Xoan Caboto. Por un lado, os portugueses xa atoparan a ruta cara Asia a través do sur de África, pasando polo [[Cabo de Boa Esperanza]], e os españois tamén tiñan a súa ruta que Colón viñera de descubrir en [[1493]].