Dama do Lago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Dona do Lago movida a Dama do Lago: 1.- Valen ambas as formas. 2.- Así se coñece tamén en portugués.
Arranxos
Liña 2:
Na [[mitoloxía celta]], A '''Dona do lago''' ou '''Dama do lago''' era a señora que rexía [[Ávalon]], a illa da antiga sabedoría. Era neta de [[Diana (mitoloxía)|Diana a cazadora]], filla do rei de [[Northumberland]] ou de Dionás. Segundo as diferentes versións das historias ao seu ao redor, a Dona do Lago chamábase Niniana, Viviana, Nimue, Ninie ou Viviane.
 
A personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o [[rei Artur]]. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do [[século XII]] en ''Lancelot, o Cabaleiro da Carreta'', de [[Chrétien de Troyes]], aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou mai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir [[Lanzarote do Lago]]. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico da personaxe toma forma cando no ciclo ''[[Lanzarote-Grial]]'' elase mencionasemenciona a ela expresamente como [[fada]]. N´''[[A morte de Artur]]'', de Sir [[Thomas Malory]], a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada [[Excalibur]].
 
Nalgunhas versións da historia artúrica, a Dama deu a Arturo a elexir entre unha copa, unha lanza, un prato e unha espada, como símbolo da unión de [[Camelot]] con Ávalon. Tras elixir Artur a [[Excalibur]], foi creada unha funda onde se gardaba a espada que tiña o poder de non deixar derramar nin unha soa gota de sangue ao portador da espada.
 
Cando Artur morreu, a espada foi devolta a Ávalon, de onde nunca máis volveu a saír. A dama do Lago educou a [[Morgana]] (xa que ao principio Morgana ía ser entregada a un convento, mais VivianeViviana negouse) na antiga relixión, e elixiuna como sucesora cando ela morrese. Entregoulla a Artur nun ritual (os lumes de Beltane) onde ningún dos dous se coñecían, e concebiron un fillo chamado [[Mordred]].
 
Outras historias contan que a Dama do Lago era a máxima sacerdotisa de Ávalon, chamada tamén Viviane, irmá de Igrainne (mai de Arturo e Morgana), irmá de Morgause (tía de Arturo e Morgana, e mai adoptiva de Mordred), irmá de Ninie (amante de Merlín, e filla de Merlín de Bretaña).
Liña 22:
[[el:Κυρά της Λίμνης]]
[[en:Lady of the Lake]]
[[es:Dama del Lago]]
[[fr:Fée Viviane]]
[[it:Dama del Lago]]