La Concordia (Vigo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m homónimos
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 6:
Subtitulado ''Periódico de comercio y de intereses generales'', apareceu o [[2 de maio]] de [[1873]]. Periódico bisemanal (aparecía os martes e venres) de tendencia liberal e defensor do provincialismo. Fundado e dirixido por [[Miguel Fernández Dios]]. Incluíu textos de autores estranxeiros e colaboracións de [[Benito Vicetto]], [[Juan Neira Cancela]], [[Francisco Añón]] e [[Teodosio Vesteiro Torres]].
 
A principios de [[1878]] comezou a aparecer diariamente co subtitulo ''Primer diario de Vigo'', dirixido primeiro por [[Eudoro Fernández Lema]] e despois por [[Miguel Fernández Lema]], fillos do fundador. Centrouse nos problemas da cidade dende unha postura política moderada e construtiva. Foi o seu redactor [[Juan Villavicencio]] (que despois sería tamén director) e entre os colaboradores figuraron [[Concepción Arenal]], [[Manuel Lustres Rivas]], [[Luís Amado Carballo]], [[Xoán Neira Cancela]], [[Luis A. Mestre]] e [[Luciano Cid ErmidaHermida]]. Publicou a escolma de poesía ''Poesías Varias'', de [[Francisco Añón]] en 1878.
 
A comezos de [[1881]] converteuse no órgano oficial da [[Liga de Defensores de Vigo]], creada polo seu director xunto cos de ''[[Faro de Vigo]]'' e outras personalidades do concello. Deixou de publicarse en [[1924]] e deu paso a ''[[El Pueblo Gallego]]''.