Diferenzas entre revisións de «Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra»

m
lig int
m (lig int)
m (lig int)
==Compoñentes destacados==
[[Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-53.JPG|miniatura|300px|Placa na honra de Casto Sampedro, nas Ruínas de San Domingos]]
A constitución da ''Arqueolóxica'' foi obra de [[Casto Sampedro]], folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. Presidida polo propio Sampedro, contou con colaboradores importantes como [[Carmelo Castiñeira Antelo]] (membro do movemento [[rexionalismo galego|rexionalista]] ''La Patria Gallega'') e [[Xosé Casal Lois]] (morto en 1912) (médico, etnógrafo e bibliófilo, que colectou un amplo cancioneiro).
 
Outro dos membros fundadores foi o médico [[Luís Sobrino Rivas]] (morto en 1907), pai de [[Carlos Sobrino Buhigas|Carlos Sobrino]]. Foi el quen propiciou a colaboración coa ''Arqueolóxica'' do propio Carlos Sobrino e mais dos irmáns [[Enrique Campo|Enrique]] e [[Fernando Campo Sobrino|Fernando Campo]].
 
Tamén debe citarse a [[Enrique López de la Ballina]] e [[Heliodoro Fernández Gastañaduy]], poeta e autor teatral, así como a [[José Millán]], [[Juan Novás Guillán]] e [[Víctor Said Armesto]] (morto en 1914) (que destacou na recollida de textos literarios e musicais).
102.894

edicións