Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. int.
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 4:
Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, escudos, epigrafía, moedas, elementos arquitectónicos, etc., así como música e poesía popular. Por medio de compras ou donativos acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as [[ruínas de San Domingos]], que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en [[1874]] e [[1880]]. Polo contrario, os intentos para conservar a ''Capela da Virxe do Camiño'' foron infrutuosos.
 
Precedente inmediato da constitución da ''Sociedade Arqueolóxica'' foi a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas de San Domingos o [[16 de setembro]] de [[1889]] <ref>No libro editado polo Museo de Pontevedra, ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de 1886 (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade, dan a data de 1889 (px. 31).</ref>, baixo a convocatoria do poeta [[Roxelio Lois Estévez]], daquela director de ''[[O Galiciano]]'', [[Manuel de la Fuente]] e o médico [[Xosé Casal Lois]], estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ocupación das ruínas como sede da Sociedade.
 
==Compoñentes destacados==
[[Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-53.JPG|miniatura|300px|Placa na honra de Casto Sampedro, nas Ruínas de San Domingos]]
A constitución da ''Arqueolóxica'' foi obra de [[Casto Sampedro]], folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. Presidida polo propio Sampedro, contou con colaboradores importantes como [[Carmelo Castiñeira]] (membro do movemento [[rexionalismo galego|rexionalista]] ''La Patria Gallega'') e [[Xosé Casal Lois]] (morto en 1912) (médico, etnógrafo e bibliófilo, que colectou un amplo cancioneiro).
 
Outro dos membros fundadores foi o médico Luís Sobrino Rivas (morto en 1907), pai de [[Carlos Sobrino Buhigas|Carlos Sobrino]]. Foi el quen propiciou a colaboración coa ''Arqueolóxica'' do propio Carlos Sobrino e mais dos irmáns [[Enrique Campo|Enrique]] e [[Fernando Campo Sobrino|Fernando Campo]].
Liña 27:
* ''La leyenda de Don Juan'', de Said Armesto.
[[Ficheiro:Mosteiro 1 Feira Labrega canteiro 01.jpg|miniatura|300px|O [[verbo dos arxinas]] é a xerga gremial dos canteiros de Pontevedra]]
* ''Diccionario de la jerga de los canteros'', comezado por [[Xosé Casal Lois]] e López de la Ballina pero que quedou nas enquisas preparatorias. Anos despois foi rematado e publicado por [[Alfredo García Alén]].
* ''Corrección y aumento del Diccionario Gallego'' e ''Jurisconsultos y Derecho en Galicia'', dous traballos apenas encetados por Carmelo Castiñeira.
* ''Colección de letras de cantares gallegos'', de Xosé Casal e publicado moitos anos despois polo Museo de Pontevedra.