Manuel Lustres Rivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos e arranxiños
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo do piloto de buque mercante José Lustres Gómez e de María Rivas Otero. Trasladouse a [[Santiago de Compostela|Compostela]] para estudar de medicina. Alí fixo amizade con [[Castelao]] e participou nos faladoiros do Café Colón.
 
En [[1906]] comezou a colaborar en ''[[El Miño (Ourense)|El Miño]]'' e pasou en [[1907]] a ''[[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]]'' de Vilagarcía, publicando tamén artigos na ''[[Gaceta de Galicia]]'' de Compostela. Foi director de ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]''. En [[1915]] marchou a [[Madrid]] e colaborou en ''[[España Nueva]]'', ''[[España Libre]]'' e ''[[El Liberal]]''. En [[1918]] volveu a Galicia e colaborou en ''[[La Concordia (Vigo)|La Concordia]]'' de [[Vigo]] ata [[1922]]. Ao ano seguinte foi nomeado redactor xefe do xornal vigués ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]''. Despois de deixar a redacción emigrou á [[Arxentina]] aínda que seguiu a colaborar co xornal enviando crónicas daquel país. Regresou a Galiza e colaborou en ''[[Faro de Vigo]]'' e outros medios.
 
NosLogo primeirosda días[[sublevación dado 18 de xullo Guerrade Civil1936]], foi detido nas instalacións de ''Faro de Vigo'', do que era redactor, e encarcerado no presidio da [[illa de San Simón]]. Foi asasinado o [[10 de novembro]] de [[1936]], o seu corpo sen vida apareceu no Alto da Cuncheira, na parroquia de [[Trasmañó, Redondela|Trasmañó]] ([[Redondela]]). Os seus restos descansan no [[Cemiterio de Pereiró]].
 
==Obra==
Liña 22:
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Arxentina]]
[[Categoría:Nados en Ribeira]]
[[Categoría:Nados en 1888]]