José Echegaray: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
== Obra ==
Comezou a súa actividade literaria en 1865 coa obra dramática ''La hija natural'' se ben non foi estreada até tempo despois. En 1874 escribiu ''El libro talonario''. Estreou 67 obras de teatro, 34 delas en verso, con grangrande éxito entre o público na época pero sen valor literario para a crítica posterior. Na súa primeira época estaba influenciado pola melancolía do [[romanticismo]] propio da época, pero máis adiante adoptou un ton social, marcado polo [[Noruega|noruegués]] [[Henrik Ibsen]].
 
En 1888 foi elixido presidente do [[Ateneo de Madrid]]. En 1896 foi elixido membro da [[Real Academia Española|RAE]] (sillón [[e]] minúsculo). En 1904 foille concedido o [[premio Nobel de literatura]], xunto ao poeta [[provenza]]l [[Frédéric Mistral]]. A concesión deste premio ao autor español escandalizou ás vangardas literarias españolas, especialmente aos membros da [[xeración do 98]]. Nese momento non estaba considerado un dramaturgo excepcional, e a súa obra era criticada por personalidades como [[Leopoldo Alas|Clarín]] ou [[Pardo Bazán]]. Se ben contaba coa admiración de autores como [[Bernard Shaw]] ou [[Luigi Pirandello]], o propio autor mantivo sempre unha actitude distante coa súa obra.