Futurismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
foto mais para abaixo
Liña 1:
{{Historia da Arte|arte_seccion={{Arte contemporánea}} }}
[[Image:Santelia01.jpg|thumb|260px|left|eiseño urbanístico futurista de
[[Antonio Sant'Elia]]]]
'''Futurismo''', primeiro dos movementos de [[vangarda]] artística, xurdido en [[Italia]] en [[1909]] por [[Filippo Tommaso Marinetti]], que redactou o seu ''Manifeste du Futurisme'', o primeiro doutros moitos, o [[20 de febreiro]] de 1909, no diario ''Lle Figaro'' de [[París]].
 
==Estética==
[[Image:Santelia01.jpg|thumb|260px|left|eiseño urbanístico futurista de [[Antonio Sant'Elia]]]]
 
Inspirado pola [[Patafísica]] de [[Alfed Jarry]] e [[Remy de Gourmont]] e por procedementos literarios que como este movemento literario non asumían ningunha tradición formal nin cultural previa, Marinetti foi chegando a concibir esta nova estética. O futurismo foi chamado así pola súa intención de romper absolutamente coa arte do pasado (o chamado ''Pasadismo'') ó considerar que os museos son equivalentes ós cemiterios, en especial en Italia, onde a tradición artística do pasado agromaba por tódalas partes e impregnábao todo. Había que facer, pois, táboa rasa do pasado e crear unha arte nova dende cero, acorde coa mentalidade moderna, os novos tempos e as novas realidades. Para iso toma como modelo as máquinas e as súas virtudes: a forza, a rapidez, a velocidade, a enerxía, o movemento, a deshumanización. Diametralmente en contra do [[Expresionismo]], un ismo ou vangarda humanista un pouco posterior, dignifica a guerra como espazo onde a maquinización, a enerxía e a deshumanización alcanzaron cotas máximas. Proscribe o sentimental e o anecdótico e non asume absolutamente nada do pasado, nin sequera a métrica en literatura. Intenta substituír os nexos por notacións alxebraicas e buscar un léxico radicalmente inzado de tecnoloxismos e barbarismos, inzado de infinitivos, exclamacións e interxeccións que denotan enerxía. Cultiva amais unha interesante forma de teatro, o chamado '''teatro sintético''', en que as accións ocorren a velocidade de vertixe e o argumento desenvólvese e acaba en apenas dez minutos, e elúdese o elemento humano ocultando as figuras humanas, que só poden adiviñarse por [[metonimia]] (só se ven os pés dos actores).