Pintura rupestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 39 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q214334
lig ints
Liña 1:
[[Ficheiro:Henarup.jpg|miniatura|dereita|250px|Pinturas rupestres en Henarejos, Cuenca.]]
 
A '''pintura rupestre''' é aquela forma de expresión [[arte|artística]] pictórica que se plasma sobre as rochas, xeralmente no interior de covas, grutas ou cavernas empregadas como abrigo polos [[home]]s, pero tamén a ceo aberto e sobre diferentes obxectos.
 
Liña 6 ⟶ 8:
 
== Escolas ==
 
As formas artísticas rupestres corresponden a épocas prehistóricas. Estas pinturas permiten acreditar que o home, dende tempos [[Prehistoria|prehistóricos]], creou un sistema de expresión artística cun grao de complexidade suficiente para poder distinguir nel varias tendencias ou escolas.
 
Liña 18 ⟶ 19:
 
=== Escola levantina ===
Nunha data moi posterior, máis relacionadas coas transformacións [[clima|climáticas]] xurdidas no [[Mesolítico]], aparecen no sur de [[Europa]] novas culturas que dan lugar a novas tendencias pictóricas. En [[España]], ademais da zona cantábrica e pirenaica, atópanse pinturas rupestres na área do Levante ([[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|Valencia]], [[Rexión de Murcia|Murcia]] e [[Andalucía]]), con características que permiten considerala unha escola diferenciada. Destacan as seguintes:
 
* [[Covas de El Cogul]], na provincia de [[Provinciaprovincia de Lleida|Lleida]], coa escena en vermello e negro da danza dun grupo de mulleres en torno a un home espido.
* [[Cova Vella de Alpera]], na provincia de [[Provinciaprovincia de Albacete|Albacete]], co seu propio estilo de pinturas esquemáticas, onde H. Breuil distinguiu ata trece períodos.
* [[Barranco da Valltorta]] e os seus arredores, na provincia de [[Provinciaprovincia de Castellón|Castellón]], con debuxos de arqueiros e homes correndo.
* [[Cova da Araña]], cerca de [[Bicorp]] na [[provincia de [[Valencia - València|Valencia]].
 
== Características ==
[[Ficheiro:Henarup.jpg|miniatura|dereita|250px|Pinturas rupestres en Henarejos, Cuenca.]]
A escola franco-cantábrica caracterízase por empregar motivos moi variados, represéntanse dende contornos e impresións de mans a figuras de [[animais]], siluetas en negro de [[cabalo]]s, [[bisonte]]s, [[cervo]]s e outras especies propias da [[fauna]] do contorno ([[mamut]]s, xabarís, [[rinoceronte]]s, [[elefante]]s, etc.), ás veces tamén [[gravado]]s na rocha. Nunha primeira etapa os motivos desta pintura emprega formas sinxelas. Máis adiante o sentido artístico vaise perfeccionando e as figuras non só se perfilan, senón que tamén se decoran no seu interior cun profundo naturalismo, introducindo variedade cromática, sentido do volume e movemento. As figuras, aínda que se xustapoñen sobre a parede, non forman escenas, e case nunca aparece a figura humana. En cambio é moi frecuente a aparición de [[signo]]s e [[símbolo]]s, que se relacionan co carácter máxico-relixioso que se lles atribúe a estas manifestacións artísticas.