Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
sinónimos = Doenza celíaca, enfermidade celíaca
}}
 
A '''enfermidade celíaca''' ou '''doenza celíaca''' ('''''celiaquía''''') é unha [[doenza autoinmune]] que comeza na infancia e está provocada por unha intolerancia intestinal permanente ao [[glute]]. Caracterízase por unha [[inflamación]] crónica do [[intestino delgado]] na zona do [[xexuno]], causada pola exposición á [[gliadina]], unha [[proteína]] vexetal dalgúns [[Cereal|cereais]] na [[dieta]].
 
Liña 23 ⟶ 22:
En condicións normais todo alimento inxerido debe pasar por un proceso de dixestión que o degrade en partículas máis pequenas para que estas poidan ser despois absorbidas. Esta absorción de alimentos ten lugar no intestino delgado e para que isto sexa posíbel cómpre a existencia de [[vilosidades]] que, á súa vez, poderíamos comparar con raíces microscópicas que penduran no interior do intestino. O seu papel na absorción é semellante á que realizan as raíces das árbores sendo a lonxitude destas esencial para que dita absorción se produza en maior ou menor grao. Cando a lonxitude da vilosidade é acurtada, a absorción vese reducida e a nutrición da persoa queda comprometida. E é isto precisamente o que sucede cos celíacos, que sofren dun encurtamento destas raíces, o que provoca unha intolerancia ao glute.
 
É un trastorno que aparece en persoas xeneticamente predispostas, de todas as idades a partir da [[infancia|nenez]]. Os [[síntoma]]s inclúen [[diarrea]] crónica, retrasoatraso do crecemento e/ou do desenvolvemento infantil, [[dispnea]], erupcións na pel, perda de peso, cambios no carácter, vómitos e ventre inchado, malia que estes síntomas poden estar ausentes e aparecen de cando en vez, estes síntomas poden aparecer en calquera de case todos os órganos e sistemas do corpo. Estímase que a doenza afecta ao 1% da poboación de linguas indoeuropeas, aínda que se pensa que é unha enfermidade considerabelmente subdiagnosticada. Coma resultado de exames precoces, estase ollando un número crecente de diagnosticados asintomáticos.<ref name=VanHeelWest>{{cita publicación|autor= van Heel D, West J|título= Recent advances in coeliac disease|url = http://gut.bmjjournals.com/cgi/content/full/55/7/1037|revista= Gut|volumenvolume= 55|número= 7|páginaspáxinas= 1037–46|añoano= 2006|id = PMID 16766754}}</ref> O único tratamento eficaz é o cambio a unha dieta libre de glute e permitir a rexeneración das vilosidades intestinais.
 
Malia ser un trastorno causado por unha reacción ás proteínas do trigo, non é o mesmo que unha [[alerxia]] ao trigo. O termo axeitado é '''intolerancia ao glute''', '''enteropatía sensitiva o glute''', '''esprúe endémico non-tropical''' e '''esprúe celíaco'''.<ref name=medlineplus>{{cita web
Liña 123 ⟶ 122:
Nalgúns países desenvolvidos e noutros en vías de desenvolvemento, elaborouse un símbolo universal de «produto sen glute», representado por unha espiga de trigo arrodeada dun círculo cunha barra por diante.
 
Porén, aínda falta moito para que a totalidade dos produtos poidan ser certificados e cualificados axeitadamente, dado que por un fenómeno coñocidocoñecido como a contaminación cruzada, os alimentos poden conter glute incluso cando este non estea na receita, por mor a que moitos industriais elaboran diversos produtos nunha mesma máquina. Por exemplo, se nunha máquina para facer pan sen glute faise primeiro un pan con glute, o máis probábel é que o segundo non resulte libre de glute, xa que ficarán sempre vestixios (polo seu carácter pegañento) na máquina. O mesmo ocorre se nun restaurante friten na mesma tixola un alimento para celíacos onde previamente fritiran algún con glute.
 
A lexislación sobre etiquetaxe de alimentos en Galicia corresponde coa española (Real Decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimentarios). Ademais a Unión Europea obriga ao fabricante a indicar na etiqueta dos alimentos envasados se estes conteñen coma ingredientes cereais con glute (trigo, centeo, orxo, avea, espelta, kamut ou as súas variedades híbridas).
Liña 264 ⟶ 263:
Cómpre ter precaución coa manipulación dos alimentos co fin de evitar a contaminación dos mesmos. Evitarase fritir alimentos sen glute en aceites onde previamente se fritiran produtos con glute. Naqueles fogares nos que hai un celíaco, recoméndase eliminar as fariñas e o [[pan relado]] trigo e utilizar no canto fariñas e pan relado sen glute ou [[floco]]s de puré de pataca para rebozar, empanar ou espesar mollos. Deste xeito, case todos os alimentos que se preparen os pode tomar toda a familia do celíaco. Débese ter precaución coas fariñas de millo, arroz, etc. de venda en panadarías ou supermercados sen lexitimar a ausencia de glute. Poden estar contaminadas se a súa moedura se realizou en muíños onde tamén se moen outros cereais que conteñen glute.
 
Aínda que a '''avea''' propiamente dita non ten glute, moitos celíacos enferman cando consumen avea. Crese que o motivo é que moitas veces a avenaavea é procesada en maquinarias que tamén son usadas para o trigo, o orxo ou o centeo. Moitos celíacos son tan sensíbeis ao glute que os vestixios destas maquinarias os enferman. Polo tanto, para unha dieta sen glute, cómpre evitar a avea.
 
Os excipientes dalgúns medicamentos conteñen glute. En Galicia, por lei estatal, os laboratorios teñen a obriga de indicar o seu contido no prospecto e de realizar unha advertencia.
Liña 280 ⟶ 279:
 
=== Trastornos de comportamento ===
Un neno celíaco sen tratar puoepode presentar apatía (desinterese ou decaemento) con irritabilidade e pranto fácil. Isto, porén, soe desaparecer unha vez iniciado o réxime sen glute.
 
Ademais, pacientes celíacos que estiveron en contacto co glute manifestaron estados de tensión, irritabilidade, depresión, e incluso, perda deada concentración en cantidades mínimas.
 
Se se descubre a intolerancia celíaca sendo xa adulto e o celíaco non apoia axeitadamente o seu tratamento dietético cunha disciplina psicolóxica e reemprazandosubstituíndo aquelas masas apetecíbeis, pódese xerar unha frustración moi grande no paciente, sobre todo quen non tiña restrición ningunha na súa dieta anterior e tamén naqueles que non se informaron de abondo sobre as consecuencias do consumo de glute; tamén adoita haber casos no que o doente chega a sufrir infertilidade.
 
== Día dos celíacos ==
Liña 293 ⟶ 292:
 
Existe unha asociación galega de celiaquía: a '''Asociación de Celíacos de Galicia''', que organiza actividades e dá información sobre a doenza e sobre restaurantes, establecementos e tendas onde atopar produtos axeitados aos celíacos.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
*[[Glute]]
 
=== Referencias ===
{{listaref}}
 
=== Ligazóns externas ===
* http://www.celiacosgalicia.org| Asociación de Celíacos de Galicia (en castelán).
* [http://www.celiaco.info/ Celiaco.info] (información para o celíaco, alimentación, receitas celíacas, a doenza "castelán").
* [http://consensus.nih.gov/2004/2004CeliacDisease118html.htm NIH Consensus Development Conference on Celiac Disease ] (Conferencia de Desenvolvemento da Enfermidade Celíaca ''inglés'')
 
 
[[Categoría:Doenzas xenéticas]]