Edgar Wallace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Naceu no número 7 de Ashburnham Grove, no distrito [[Londres - London|londiniense]] de Greenwich. Era fillo ilexítimo do actor [[Richard Horatio Edgar]] e da actriz [[Marie Richards]]. Foi adoptado por George Freeman, mozo do mercado de peixe de Billingsgate. Entre os 12 e os 16 anos traballou en varias imprentas, unha zapatería, unha fábrica de impermeables, como cociñeiro nun buque, como albanel e como repartidor de [[leite]].
 
Prestou os seus servizos no [[Rexemento Real de West Kent]], en [[Inglaterra]], de 1893 a 1896, e no [[Corpo Sanitario Militar de Sudáfrica]] de 1896 a 1899; comprou a súa renuncia militar en 1899 para dedicarse ao [[xornalismo]]. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] serviu como subinspector da sección de [[Lincoln's Inn]] da Policía Especial (para velar pola seguridade do [[Palacio de Buckingham]]), e traballou para o Ministerio da Guerra como interrogador especial dos ex-prisioneiros procedentes dos campos de concentración alemáns.