Hefesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
Na [[mitoloxía grega]], '''Hefesto''' (en [[Lingua grega|grego]] Ἥφαιστος ''Hêphaistos'', quizais de φαίνω ''phainô'', ‘brilar’) é o deus do [[lume]] e da [[forxa]], así como dos [[ferreiro]]s, os [[Artesanía|artesáns]], os [[escultura|escultores]], os [[metal|metais]] e a [[metalurxia]]. Era louvado en tódolos centros industriais e manufactureiros de [[Grecia]], especialmente en [[Atenas]]. O seu equivalente na [[mitoloxía romana]] era [[Vulcano (deus)|Vulcano]].
 
Hefesto era feo e tolleito. Mesmo o mito di que, ó nacer, [[Hera]] viuno tan feo que o tirou do [[Monte Olimpo, Grecia|Monte Olimpo]] e deixouno eivado. Tanto é así, que camiñaba coa axuda dunha vara e, nalgunhas vasillas pintadas, os seus pés aparecen do revés. Na arte, é representado coxo, sudoroso, coa barba desaliñada e o peito descuberto, inclinado sobre a súa [[bigornia]], a miúdo traballando na súa [[forxa]]. A aparencia física de Hefesto indica [[Arsénico|arsenicose]], é decirdicir, envelenamento crónico por [[arsénico]] que provoca coxeira e [[cancro de pel]]. O arsénico engadíase ó [[bronce]] para endurecelo e a moitos dos ferreiros da [[Idade do Bronce]] padeceron esta enfermidade.
{{Commonscat}}
 
{{Mitoloxía grega}}