Pascua cristiá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Semana Santa mediante HotCat
Sernostri (conversa | contribucións)
Significado teolóxico pola wikipedia en inglés e en castelán
Liña 9:
 
Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en [[Galicia]] o [[ovo de Pascua]] ou a [[rosca de Pascua]] que os [[padriño]]s regalan ós [[afillado]]s, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os [[cuaquerismo|cuáqueros]], que non celebran a Pascua.
 
== Significado teolóxico ==
[[Imaxe:RabulaGospelsCrucifixion.jpg|miniatura|Unha das máis antigas ilustracións da [[crucifixión]] e [[resurrección]] of Xesús (''[[Evanxeos de Rabula]]'' manuscrito iluminado do século VI]]
Segundo o [[Novo Testamento]] a resurrección de Xesús, celebrada na Pascua, é a fundación da fe cristiá<ref>Corintios 15:12–20<br/>{{cita libro |autor=Torrey, Reuben Archer |título=Torrey's New Topical Textbook |url=http://www.ccel.org/ccel/torrey/ttt.html |accessdate=31 de marzo de 2013 |ano=1897 |capítulo=The Resurrection of Christ}}<br/>{{cita web | url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/137622/The-Letter-of-Paul-to-the-Corinthians | título=The Letter of Paul to the Corinthians | editor=Encyclopædia Britannica | accessdate=10 de marzo de 2013}}</ref>, a resurrección estableceu a Xesús como o Fillo de Deus<ref>Romanos 1:4</ref>, citándose como proba que Deus ha xulgar o mundo con xustiza por medio do propio Xesús<ref>Feitos 17:31</ref><ref name="Jesus EB">{{cita web | url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/303091/Jesus-Christ | título=Jesus Christ |editor=Encyclopædia Britannica accessdate=11 de marzo de 2013}}</ref>. Deus deulles aos cristiáns un novo nacemento xa que os cristiáns viven unha resurrección espiritual ""como Cristo foi resucitado dos mortos... así tamén nós camiñemos nunha vida nova"<ref name="Jesus EB"/><ref>Romanos 6:4</ref>
 
A Pascua está ligada á [[Pessach]] e ao [[Éxodo de Éxipto]] recollido no [[Vello Testamento]] mediante a [[Última Cea]] e a [[Crucifixión de Xesús]] que precede á resurrección. Consonte o Novo Testamento, Xesús deulle á cea de Pascua un novo significado ao preparar os seus discípulos e a el mesmo para a súa morte. El identificou a [[matzá]] e a copa de viño co [[Corpo de Cristo|seu corpo]] próximo a ser sacrificado e o [[Sangue de Cristo|seu sangue]] próximo a ser vertido. [[Paulo de Tarso|Paulo]] afirma "Purificádevos do vello fermento, para serdes unha masa nova, coma pans ázimos que sodes. Pois o noso año pascual, Cristo, xa foi inmolado";<ref>Corintios I|5:7</ref> referíndose os requerimentos da Pascua xudía de non ter fermento na casa e á alegoría de Xesús coma o año pascual.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Festas cristiás]]