Lingua támil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
 
=== Támil antigo ===
Os textos máis antigos en támil antigo son inscricións datadas no século II a.C. en cerámica e en covas, escritos nunha variante da escrita Brahmi coñecida como Brahmi támil<ref>Mahadevan, Iravatham (2003), ''Early Tamil Epigraphy from the Earliest Times to the Sixth Century A.D'', Harvard Oriental Series vol. 62, Cambridge, Mass.: Harvard University Press, pp. 90-95</ref>. O texto longo máis antigo é o ''Tolkāppiyam'' , un libro de gramática támil e poesías, que se podería datar nas súas partes máis antigas no século I a.C.<ref name="Lehmann 1998 75"/> Coñécense gran número de obras literarias do támil antigo, salientando un corpus de 2.381 poemas, de 473 autores, coñecido colectivamente como [[literatura Sangam]] e que datan do século I ao V<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|p=75}}</ref>, considerándose a literatura secular máis antiga da India<ref>{{Harvnb|Tharu|Lalitha|, Susie; Lalita, K., eds. (1991|), ''Women Writing in India: 600 B.C. to the present'' – Vol. 1: 600 B.C. to the early twentieth century, Feminist Pres, p=.70}}</ref>. Outras importantes obras literarias son ''[[Thirukural]]'', ''[[Silappatikaram]]'' e ''[[Maṇimēkalai]]'', e e varios textos éticos e didácticos, escritos entre os séculos V e VIII<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|pp=75–6}}</ref>
 
O támil antigo conserva moitas características do proto-dravídico, como o inventorio de consoantes<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|, Bhadriraju (2003|), ''The Dravidian Languages'', Cambridge Language Surveys, Cambridge University Press, p=. 53}}</ref>, a estrutura silábica<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|p=92}}</ref> e varios trazos gramaticais<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|pp=182–193}}</ref>, como a ausencia dun presente de indicativo xa que como o proto-dravídico só tiña dous tempos, o pasado e o "non pasado", e os verbos tiñan unha conxungación negativa distintiva (p.ex. ''kāṇēṉ'' (காணேன்) "eu non vexo", ''kāṇōm'' (காணோம்) "nós non vemos")<ref>{{Harvnb|Steever|1998|p=24}}</ref>. Os nomes podían ter sufixos pronominais como os verbos para expresar ideas: p.ex. ''peṇṭirēm'' (பெண்டிரேம்) "nós somos mulleres" formada por ''peṇṭir'' (பெண்டிர்) "mulleres" e o marcador de primeira persoa do plural ''-ēm'' (ஏம்)<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|p=80}}</ref>.
 
=== Támil medio ===