Prendemento de Xesús: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
A primeira edición deste artigo é unha tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en castelán
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
[[Ficheiro:Fra Angelico 020.jpg|miniatura|250px|''O prendemento de Cristo'', de [[Fra Angelico]].]]
O '''Prendemento de Xesús''' é a denominación habitual dun episodio crave dos [[Evanxeos|Evanxeos Canónicos]], dentro do ciclo da [[Paixón de Cristo]] (que se inicia coa [[A Última Cea|Última Cea]] e leva, en última instancia, á [[Crucifixión de Xesús|súa crucifixión]]).
 
[[Xesús]], que se atopaba cos seus discípulos no [[horto dosdas olivosoliveiras]] ([[Xetsemaní]]), é identificado ao recibir o [[Bico de Xudas]] (un sinal convido, e símbolo da súa [[traizón]]), e arrestado pola policía do [[Sanedrín]], que lle conducirá ante distintas instancias que debaterán o seu axuizamento.
 
==Relato bíblico==
[[Ficheiro:Guercino Catura di Cristo.jpg|miniatura|300px|''Prendemento de Cristo''1621.<br> Por [[Guercino]], actualmente no [[Fitzwilliam Museum]], en [[Cambridge]], [[Reino Unido]].]]
De acordo cos [[evanxeos canónicos]], tras [[A Última Cea]], Xesús e seus [[apóstolos]] foron ata o Xetsemaní, un xardín localizado ás marxes do [[Val do Cédron]], que os académicos cren un monte de [[oliveira]]s. Unha vez alí, os evanxelistas descríbeno deixando o grupo para rezar só.<ref name=Maj169 >''The Synoptics: Matthew, Mark, Luke'' by Ján Majerník, Joseph Ponessa, Laurie Watson Manhardt 2005 ISBN 1931018316 page 169</ref><ref name=Zuck83 >''The Bible Knowledge Commentary: New Testament'' edited by John F. Walvoord, Roy B. Zuck 1983 ISBN 9780882078120 pages 83-85</ref>.
 
Os [[evanxeos sinópticos]] afirman que Xesús pediu a Deus que afastase del o sufrimento que estaba por vir, pedindo para non ter que pasar polos eventos vindeiros, deixando así a escolla final para Deus. [[Evanxeo de Lucas|Lucas]] afirma que un [[anxo (cristianismo)|anxo]] apareceu e deu forzas a Xesús, que entón retornou aos seus discípulos. Os sinópticos afirman aínda que tres dos discípulos que alí estaban durmiron e que Xesús os criticou por non conseguiren permanecer acordados por unha hora, suxerindo que eles rezasen para evitar a tentación.<ref name=Zuck83 />
 
Neste punto, [[Xudas Iscariote|Xudas]] aparece acompañado por unha multitude que inclúe sacerdotes e anciáns xudeus e xente armada. Segundo [[Evanxeo de Xoán|Xoán]], cando o bando entra no xardín á procura de Xesús, el avanza e di ''"A quen buscades?"''. O bando responde ''"A Xesús o Nazareno"'' e Xesús finalmente responde ''"Son eu."'' neste punto todos os membros do grupo que viña a arrestalo caeron ao chan. <ref name=Zuck83 /><ref name=CEvans487 >''The Bible Knowledge Background Commentary: Matthew-Luke, Volume 1'' by Craig A. Evans 2003 ISBN 0781438683 page 487-500</ref>
 
En seguida, [[Bico de Xudas|Xudas da un bico a Xesús]], un sinal pre-acordado cos que o acompañaban para mostrar quen era Xesús. Sendo identificado, o bando prende Xesús, mesmo tras un dos discípulos tratou de impedirllo cortando a orella dun dos homes coa súa espada, que [[Xesús curando a orella do servo|Xesús inmediatamente curou]] segundo Lucas. Xoán di claramente que foi [[Simón Pedro]] quen cortou a orella de [[Malco]], un servo de [[Caifás]], o sumo-sacerdote. Xoán, [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] e Lucas afirman que Xesús criticou a violencia e insistiu que non houbese máis resistencia. En Mateo, Xesús entón profire unha das súas máis famosas frases: [[Viva pola espada, morra pola espada|Garda a túa espada; pois todos os que toman a espada, morrerán á espada]]. <ref> (en {{Biblia|Mt|26|52}}).</ref>
 
==Galería==
<gallery widths="300px" heights="180px">
Ficheiro:KellsFol114rArrestOfChrist.jpg|O prendemento de Xesús retratado no [[Libro de Kells]], ca. 800
Ficheiro:Duccio Maesta detail3.jpg|Maestà, por [[Duccio]], 1308-1311
Ficheiro:Dieric Bouts - The Arrest of Christ with kiss of Judas and ear of Malchus ca1485.jpg|[[Dieric Bouts]], ca. 1450-1460
Ficheiro:Douffet, Gérard - Taking of Christ with the Malchus Episode - c. 1620.jpg|[[Gerard Douffet]], ca. 1620
Ficheiro:Caravaggio - Taking of Christ - Dublin - 2.jpg|[[A Captura de Cristo]], por [[Caravaggio]], ca. 1602
</gallery>
 
==Notas==
{{listaref}}
 
==Véxase tamén==
{{commons|Arrest of Jesus}}
 
[[Categoría:Eventos na vida de Xesús]]