Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 95:
=== Cromatóforos ===
 
Os [[cromatóforo]]s son células que cambian a cor dos pigmentos que son estimuladas directamente por nuronas motoras centrais. Utilízanse principalmente para unha adaptación rápida ao ambiente para a camuflaxe. O proceso de cambio de cor do pigmento na pel depende dun só tipo de célula cromatófora moi desenvolvida e de moitos músculos, nervios e células da vaíña e [[glía|gliais]]. Os cromatóforos poden contraerse e conteñen vesículas que almacenan tres pigmentos líquidos distintos. Cada cor está producida por algún dos tres tipos de células cromatóforas, que son: [[eritróforo]]s (conténconteñen pigmentos de tons vermellos como [[carotenoide]]s e [[pteridina]]), [[melanóforo]]s (conteñen pigmentos negros ou castaños como as [[melanina]]s), e [[xantóforo]]s (que conténconteñen [[carotenoide]]s amarelos). As distintas cores da pel do animal orixínanse por combinacións das diferentes capas de cromatóforos da pel. Estas células están normalmente situadas debaixo da [[pel]] ou [[escama]]s do animal. Hai dúas categorías de cores xerados pola célula, os biocromos e os esquematocromos. Os biocromos son cores formados quimicamente, por pigmentos naturais microscópicos. A súa composición química fai que absorba luz dunha cor e reflicte o resto das cores. Os esquematocromos (ou cores estruturais) son cores creados polas reflexións da luz nunha superficie sen cor e as refraccións nos tecidos. Os esquematocromos actúan como prismas, refractando e dispersando a luz visible nos arredores, a cal finalmente reflicte unha combinación de cores específica. Estas categorías están determinadas polo movemento de pigmentos nos cromatóforos. Os cambios de cor fisiolóxicos son de curta duración e rápidos, e atópanse por exemplo en peixes, e son o resultado da resposta do animal a cambios no seu ambiente. Polo contrario, os cambios de cor morfolóxicos son cambios a longo prazo, ocorren en diferentes fases da vida do animal, e débense a un cambio no número de cromatóforos. Para cambiar os pigmentos de cor, a transparencia ou a opacidade, as células alteran en forma e tamaño, e expanden ou contraen a súa cuberta externa.
 
===Pigmentos fotoprotectores===