Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 71:
Os carotenoides forman complexos con proteínas chamados [[carotenoproteína]]s. Estes complexos son comúns entre os animais mariños. Os complexos de carotenoproteínas son responsables das variadas cores (vermello, púrpura, azul, verde, etc.) de moitos invertebrados mariños que os utilizan para os rituais de apareamento e para camuflaxe. Hai dous tipos de carotenoproteínas: tipo A e tipo B. O tipo A ten carotenoides (o cromóxeno) que están estequiometricamente asociados cunha proteína simple (glicoproteína). O segundo tipo, tipo B, ten carotenoides que están asociados cunha lipoproteína e son xeralmente menos estables. Os de tipo A atópanse comunmente na superficie de (cuncha e pel) dos invertebrados mariños, pero os de tipo B aparecen usualmente nos ovos, ovarios, e sangue. As cores e características de absorción destes complexos de carotenoproteínas están baseadas na unión química do cromóxeno e das subunidades proteicas.
 
Por exemplo, a carotenoproteína azul, [[linckiacianina]] ten unhas 100-200 moléculas de carotenoide en cada complexo.<ref>Milicua, JCG. "Structural characteristics of the carotenoids binding to the blue carotenoprotein from Procambarus clarkii." Structural characteristics of the carotenoids binding to the blue carotenoprotein from Procambarus clarkii. N.p., 25 Oct. 1984. Web. 24 May 2010. <resources.metapress.com/pdf-preview.axd?code=l163k1j75x721w72&size=largest>.</ref> Ademais, asa funciónsfunción destes complexos pigmento-proteína tamén cambia asa complexidade das súas estruturas químicas. As carotenoproteínas que están en estruturas fotosintéticas son máis comúns, pero complicadas. Os complexos pigmento-proteína que están fóra do sistema fotosintético son menos comúns, pero de estrutura máis simple. Por exemplo, hai só dúas destas astaxantina-proteínas azuis<ref>Zagalsky, P.. "Colouration in Marine Invertebrates" "A central role for astaxanthin complexes." Crustacean. N.p., n.d. Web. 25 May 2010. <srs.dl.ac.uk/Annual_Reports/AnRep01_02/pdf/08_09%20Crustacyanin.pdf>.</ref> na medusa ''[[Velella velella]]'', que contén só uns 100 carotenoides por complexo.
 
A carotenoproteína máis común é a [[astaxantina]], que orixina un pigmento dunha cor azul púrpura e verde. A cor da astaxantina está formada creando complexos con proteínas nunha certa orde. Hai casos como a crustoocrina que teñen ata 20 moléculas de astaxantina unidas á proteína. Cando os complexos interaccionan por interacción excitón-excitón, baixa o máximo de absorbancia, cambiando as cores de pigmentación.