Lingua támil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Liña 43:
Os textos máis antigos en támil antigo son inscricións datadas no século II a.C. en cerámica e en covas, escritos nunha variante da escrita Brahmi coñecida como Brahmi támil<ref>Mahadevan, Iravatham (2003), ''Early Tamil Epigraphy from the Earliest Times to the Sixth Century A.D'', Harvard Oriental Series vol. 62, Cambridge, Mass.: Harvard University Press, pp. 90-95</ref>. O texto longo máis antigo é o ''Tolkāppiyam'' , un libro de gramática támil e poesías, que se podería datar nas súas partes máis antigas no século I a.C.<ref name="Lehmann 1998 75"/> Coñécense gran número de obras literarias do támil antigo, salientando un corpus de 2.381 poemas, de 473 autores, coñecido colectivamente como [[literatura Sangam]] e que datan do século I ao V<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|p=75}}</ref>, considerándose a literatura secular máis antiga da India<ref>{{Harvnb|Tharu|Lalitha|1991|p=70}}</ref>. Outras importantes obras literarias son ''[[Thirukural]]'', ''[[Silappatikaram]]'' e ''[[Maṇimēkalai]]'', e e varios textos éticos e didácticos, escritos entre os séculos V e VIII<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|pp=75–6}}</ref>
 
O támil antigo conserva moitas características do proto-dravídico, como o inventorio de consoantes<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|p=53}}</ref>, a estrutura silábica<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|p=92}}</ref> e varios trazos gramaticais<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|pp=182–193}}</ref>, como a ausencia dun presente de indicativo xa que como o proto-dravídico só tiña dous tempos, o pasado e o "non pasado", e os verbos tiñan unha conxungación negativa distintiva (p.ex. ''kāṇēṉ'' (காணேன்) "eu non vexo", ''kāṇōm'' (காணோம்) "nós non vemos")<ref>{{Harvnb|Steever|1998|p=24}}</ref>. Os nomes podían ter sufixos pronominais como os verbos para expresar ideas: p.ex. ''peṇṭirēm'' (பெண்டிரேம்) "nós somos mulleres" formada por ''peṇṭir'' (பெண்டிர்) "mulleres" e o marcador de primeira persoa do plural ''-ēm'' (ஏம்).<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|p=80}}</ref>.
 
=== Támil medio ===
Considérase que no século VIII rematou a evolución do támil antigo ao medio<ref name="Lehmann 1998 75"/>, caracterizándose por unha serie de cambios fonolóxicos e gramaticais. En termos fonolóxicos as mudanzas máis importantes foron a virtual desaparición do fonema aytam (ஃ), <ref>{{Harvnb|Kuiper|1958|p=194}}</ref>, a fusión das nasais alveolares e dentais<ref>{{Harvnb|Meenakshisundaran|1965|pp=132–133}}</ref> e a transformación da consoante oclusiva alveolar nunha consoante rótica<ref>{{Harvnb|Kuiper|1958|pp=213–215}}</ref>. Gramaticalmente o cambio máis importante foi a emerxencia dun presente de indicativo a partir do verbo ''kil'' (கில்) "ser posible" ou "acontecer" que se utilizaba en támil antigo como un marcador de aspecto para indicar que unha acción duraba moi pouco en combinación cun marcador de tempo como ''ṉ'' (ன்), en támil medio este uso evolucionou nun marcador de presente de indicativo, – ''kiṉṟa'' (கின்ற)<ref>{{Harvnb|Rajam|1985|pp=284–285}}</ref>.
 
== Notas ==