Lingua támil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sernostri (conversa | contribucións)
→‎Historia: máis, da wikipedia en inglés
Liña 38:
 
== Historia ==
O támil ten a súa orixe no [[Proto-dravídico]], unha protolingua que se falaría arredor do terceiro milenio a.C. posiblemente arredor da bacía do baixo [[Godavari]] <ref>Southworth, Franklin (2005) ''Linguistic Archaeology of South Asia'' Routledge, p. 256</ref>, a evidencia material suxire que os falantes estaban asociados cos complexos [[Neolítico|neolíticos]] do sur da península india<ref>{{Harvnb|Southworth|2005|pp=249–250}}</ref>. Arredor do 1500 a.C.<ref>Steever, Sanford E. (1998) ''The Dravidian Languages'' Routledge, p. 11 </ref> as falas do sur diverxen o suficiente como para falar dun Proto-dravídico meridional do que emerxeu o proto-támil arredor do século III a.C. e pouco despois aparecen os primeiros testemuños epigráficos da lingua<ref>{{Harvnb|Southworth|2005|pp=250–251}}</ref>. Entre as linguas da India, o támil presenta a máis antiga literatura non relacionada co sánscrito<ref>Sivathamby, K (1974) [http://www.jstor.org/pss/3516448 Early South Indian Society and Economy: The Tinai Concept], Social Scientist, Vol.3 No.5 Dec 1974</ref>. Adoito categorízase a historia do támil en tres períodos: támil antigo (300 a.C. – 700 d.C.), támil medio (700–1600) e támil moderno (desde 1600).<ref name="Lehmann 1998 75">{{Harvnb|Lehmann|1998|p=75}}</ref>.
 
=== Támil antigo ===
Os textos máis antigos en támil antigo son inscricións datadas no século II a.C. en cerámica e en covas, escritos nunha variante da escrita Brahmi coñecida como Brahmi támil<ref>{{Harvnb|Mahadevan|2003|pp=90–95}}</ref>. O texto longo máis antigo é o ''Tolkāppiyam'' , un libro de gramática támil e poesías, que se podería datar nas súas partes máis antigas no século I a.C.<ref name="Lehmann 1998 75"/> Coñécense gran número de obras literarias do támil antigo, salientando un corpus de 2.381 poemas, de 473 autores, coñecido colectivamente como [[literatura Sangam]] e que datan do século I ao V<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|p=75}}</ref>, considerándose a literatura secular máis antiga da India<ref>{{Harvnb|Tharu|Lalitha|1991|p=70}}</ref>. Outras importantes obras literarias son ''[[Thirukural]]'', ''[[Silappatikaram]]'' e ''[[Maṇimēkalai]]'', e e varios textos éticos e didácticos, escritos entre os séculos V e VIII<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|pp=75–6}}</ref>
 
O támil antigo conserva moitas características do proto-dravídico, como o inventorio de consoantes<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|p=53}}</ref>, a estrutura silábica<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|p=92}}</ref> e varios trazos gramaticais<ref>{{Harvnb|Krishnamurti|2003|pp=182–193}}</ref>, como a ausencia dun presente de indicativo xa que como o proto-dravídico só tiña dous tempos, o pasado e o "non pasado", e os verbos tiñan unha conxungación negativa distintiva (p.ex. ''{{IAST|kāṇēṉ}}'' (காணேன்) "eu non vexo", ''{{IAST|kāṇōm}}'' (காணோம்) "nós non vemos")<ref>{{Harvnb|Steever|1998|p=24}}</ref>. Os nomes podían ter sufixos pronominais como os verbos para expresar ideas: p.ex. ''{{IAST|peṇṭirēm}}'' (பெண்டிரேம்) "nós somos mulleres" formada por ''{{IAST|peṇṭir}}'' (பெண்டிர்) "mulleres" e o marcador de primeira persoa do plural ''-{{IAST|ēm}}'' (ஏம்).<ref>{{Harvnb|Lehmann|1998|p=80}}</ref>
 
== Notas ==