Telecomunicacións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Telecommunication" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2014}}
[[Ficheiro:Antenas no Colexio Oficial da Mariña, en Ribeira, Galiza.jpg|miniatura|300px|Antenas no Colexio Oficial da Mariña, en [[Ribeira]]]]
Chámase '''telecomunicación''' á técnica de transmitir unha mensaxe desde un punto a outro, normalmente co atributo típico adicional de ser bidireccional. Provén do grego ''tele'', que significa distancia. Por tanto, o termo ''telecomunicación'' cubre todas as formas de comunicación a distancia, incluíndo [[radio (medio de comunicación)|radio]], [[Telégrafo eléctrico|telegrafía]], [[televisión]], [[teléfono|telefonía]], transmisión de [[dato]]s e interconexión de [[ordenador]]es.
Liña 14 ⟶ 15:
O termo ''telecomunicación'' foi definido por primeira vez na reunión conxunta da XIII Conferencia da UTI (Unión Telegráfica Internacional) e a III da URI (Unión Radiotelegráfica Internacional) que comezou en [[Madrid]] o día [[3 de setembro]] de [[1932]].
 
A definición entón aprobada do termo foi:<br />
 
''Telecomunicación é toda transmisión, emisión ou recepción, de signos, sinais, escritos, imaxes, sons ou informacións de calquera natureza por fío, radioelectricidade, medios ópticos ou outros sistemas electromagnéticos''.
 
Liña 36 ⟶ 38:
A telecomunicación pode ser ''[[punto a punto]]'', ''[[punto a multipunto]]'' ou ''[[teledifusión]]'', que é unha forma particular de ''punto a multipunto'' que funciona soamente desde o transmisor aos receptores, sendo a súa versión máis popular a ''radiodifusión''.
 
A función dos enxeñeiros de telecomunicación é analizar as propiedades físicas da liña ou medio de comunicación e as propiedades estatísticas da mensaxe a fin de deseñar os mecanismos de codificación e descodificación máis apropiados.<br />
 
Cando os sistemas están deseñados para comunicar a través dos órganos sensoriais humanos (principalmente vista e oído), débense ter en conta as características psicolóxicas e fisiolóxicas de percepción humana. Isto ten importantes implicacións económicas e o enxeñeiro investigará que defectos poden ser tolerados no sinal sen que afecten excesivamente á visión ou audición.
 
Liña 44 ⟶ 47:
 
Xa non fai falla establecer ligazóns físicos entre dous puntos para transmitir a información dun punto a outro. Vivimos nun mundo cada vez máis pequeno no que os feitos ocorridos nun sitio, ocorren á mesma vez en todo o mundo. Estamos a entrar nunha nova clase de sociedade na que a información é predominante. O coñecemento é poder, e saber algo é todo aquilo que se precisa.
 
 
 
== Exemplo de (tele)comunicación humana ==
 
Co fin de aclarar todos os factores implicados nunha telecomunicación vexamos un exemplo simplista:<br />
 
Tomemos unha conversación normal entre vostede e un amigo. A mensaxe é a frase que a súa mente decide comunicar ao seu amigo. O transmisor é a área de linguaxe do seu cerebro, os nervios motores, as súas cordas vocais, a larinxe e a súa boca, que produce eses sons chamados fala. O sinal son as [[onda (física)|ondas]] sonoras que poden ser identificadas como fala. A canle é o ar que transporta esas ondas sonoras. As propiedades acústicas do espazo no que vostede está son: os ecos, o ruído ambiente e a reverberación. Entre vostede e o seu amigo (o receptor) poden existir outras tecnoloxías que poden ou non introducir as súas propias distorsións no sinal vocal orixinal (por exemplo o teléfono, un ligazón por radio, [[Voz sobre IP|teléfono sobre IP]], etc.). O penúltimo receptor é o oído do seu amigo, o nervio auditivo, as áreas de linguaxe na mente do seu amigo, que deberán distinguir entre a súa voz e o son dun coche que pasa, descodificando finalmente as súas palabras e construíndo a mesma frase que vostede pronunciou.
 
O coche que pasa, é un exemplo dunha propiedade importante da canle, chamada ''ruído''. Outra propiedade importante da canle é a chamada ''[[ancho de banda|anchura de banda]]'', e calquera se decatará dos efectos dunha anchura limitada de banda se en lugar de estar falando por teléfono co seu amigo o fixera a través dun ''[[walkie-talkie]]''.
 
== OtrosOutros aspectos de interese ==
 
O científico dos laboratorios Bell [[Claude E. Shannon]] publicou en [[1948]] un estudo titulado ''Unha teoría matemática da comunicación''. Esta publicación foi un fito para a realización dos modelos matemáticos usados para describir sistemas de comunicación, dentro da denominada ''[[teoría da información]]''. A teoría da información nos permite avaliar a capacidade dunha canle de comunicación de acordo co seu ancho de banda e a súa [[relación sinal-ruído]].
 
Na data da publicación de Shannon, os sistemas de telecomunicación estaban baseados, predominantemente, en circuítos electrónicos [[analóxico]]s. A introdución masiva de [[circuíto integrado|circuítos integrados]] [[Soporte dixital|dixitalesdixitais]] permitiu aos enxeñeiros de telecomunicación aproveitar completamente as vantaxes da teoría da información, emerxendo, a partir da demanda dos fabricantes de equipos de telecomunicación, un área especializada no deseño de circuítos integrados chamada ''procesamento de sinais dixitais''.
 
== Ligazóns externas ==
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
===Outros artigos===
* [[Sistema de transmisión]]
* [[Enxeñaría de telecomunicación]]
* [[Unión Internacional de Telecomunicacións]]