Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2014}}
A '''Historia de México''' non fai so referencia os acontecementos ocorridos dende a consolidación de [[México]] como tal senón que pese a que o [[Estado]] mexicano é algo relativamente recente podemos referirnos á historia acontecida nos seus territorios actuais e ós feitos que axudaron a consolidar a [[nación]] mexicana.
 
==México precolombino==
===Prehistoria===
Liña 31 ⟶ 33:
 
===Os toltecas, os maias e os otomís===
Pero novos pobos, que penetraron grazas á desaparición de [[Teotihuacán]], déronlle transformación á organización política existente. Houbo cambios nos réximes teocráticos por gobernos da maioría militarista; isto pódese apreciar nas pinturas e na escultura da época nas que os guerreiros substitúen aos sacerdotes. Así, coñecese a segunda gran cultura do altiplano mexicano, a dos '''toltecas'''. A cultura tolteca desenvolveuse na zona que hoxe corresponde ao estado de [[Hidalgo]] e unha parte de [[Querétaro]]. Houbo unha grande influencia no seu redor, tanto nas súas concepcións de organización social, coma nas relixiosas e nas artísticas, transcendendo amplamente polas súas achegas culturais. A cidade de [[Tula]] converteuse deste modo nun elevado foco cultural. Como xa se dixo, ao rematar a hexemonía de [[Teotihuacán]] no val de México, abriuse un período de fragmentación nos que moitos estados pequenos dividíronse o territorio. Un destes pequenos grupos, o [[mexica]], pouco importante politicamente nun principio, daría lugar a gran cultura que atoparon os españois no altiplano, nucleada ao redor da grande urbe de Tenochtitlan. No ano 1325 establecéronse nunha pequena illa no arquipélago do [[lago de Texcoco]]; o seu asentamento era símbolo da humildade da súa condición e do desprezo de que eran obxecto por parte dos pobos veciños, posto que os mexicas eran vasalos dos tepanecas de Azcapotzalco, situación que había de perdurar ata o ano 1427, momento no que se rebelan e logran a súa independencia iniciando así a súa ascensión política. Así, en menos de cen anos lograron constituírse no centro do mundo mesoamericano, coñecido por aquel tempo como o inicio do imperio [[Azteca]], do que volveremos a tratar un pouco máis adiante. [[Ficheiro:39530972azt.jpg|miniatura|dereita|200 px200px|Os [[azteca]]s foron a fusión derradeira da todas as culturas relixiosas e culturais do estado de México.]]
 
No sueste, entre as [[Fraga (botánica)|fragas]] e os ríos de [[Chiapas]] e [[Quintana Roo]], levantouse un dos testemuños máis impresionantes da cultura antiga americana: os [[civilización maia|maia]]s. Toda a rexión surleste da República mexicana foi cuberta pola civilización maia en diversos momentos do seu desenvolvemento; pero o maior esplendor alcánzase na rexión antes descrita, unha zona selvática e intrincada que co paso do tempo reservou para si moitas das respostas maias, ocorrería isto entre os anos 300 e 900 da nosa era. Centrada case nunca totalidade no actual departamento guatemalteco de [[Petén]] e nas áreas próximas dos estados de Chiapas e Tabasco, así como o territorio de [[Belize]] e a zona occidental de [[Honduras]]. Talaban con obsidiana e pedernal utensilios e armas, ou fabricaban con pedra puída. Tamén o [[millo]] era a base da alimentación dos [[Civilización maia|maia]]s. Completaban a súa subsistencia con [[tubérculo]]s, [[feixón]]s, [[cabaza]] e [[chile]]s, ademais dunha froita da árbore chamada "ramón". A caza, a recolección, a pesca e a domesticación dalgúns animais eran parte da súa economía. Algunhas das súas cidades son: Tikal, Uxmal, Dzibilchaltún, Iaxchilán, Bonampak, Copán e Palenque. Os maias posuían un sistema vixesimal e mostraron grande interese pola [[astronomía]]. Por suposto, e como algunhas culturas máis, ao final do período Clásico a cultura maia decaeu. Outro tanto se pode dicir que pasou cos herdeiros dos principios culturais dos olmecas e das culturas do altiplano, alcanzaron un alto grao de refinamento na su vida cotiá. Lexisladores, astrónomos, artistas, escribas e sacerdotes, os maias evolucionaron sobre todo na arte, a ciencia e a relixión, ata chegar o seu misterioso fin.
Liña 48 ⟶ 50:
* A ''xente do pobo'' (macehualtin), que na súa maioría realizaba traballos agrícolas.
Os seus mercaderes percorreron as principais rutas comerciais. Porén, o sistema de suxeición, que establecía pesadas cargas políticas e tributarias sen haber fusión a un grande estado trouxo un clima de descontento que facilitaría a conquista española. O imperio azteca estivo, ao parecer, gobernado por 12 emperadores desde a súa fundación no 1325 que se atribuíu a Tenoch até o ano 1520 no que tivo a dous (Cuitláhuac nun principio e Cuauhtémoc como derradeiro). Non obstante, a situación estaba máis ou menos calmada cando reinaba Moctezuma II Xocoiotzin, até que un día... .
==Chegada dos españois==
 
== Notas ==
{{Listaref}}
<references/>
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
 
*[[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]
*[[Abrazo de Acatempan]]
 
[[Categoría:Historia de México| ]]
 
 
{{Link FA|pl}}
 
[[Categoría:Historia de México| ]]
{{Link FA|ru}}