Lingua támil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sernostri (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
== Historia ==
O támil ten a súa orixe no [[Proto-dravídico]], unha protolingua que se falaría arredor do terceiro milenio a.C. posiblemente arredor da bacía do baixo [[Godavari]] <ref>Southworth, Franklin (2005) ''Linguistic Archaeology of South Asia'' Routledge, p. 256</ref>, a evidencia material suxire que os falantes estaban asociados cos complexos [[Neolítico|neolíticos]] do sur da península india<ref>{{Harvnb|Southworth|2005|pp=249–250}}</ref>. Arredor do 1500 a.C.<ref>Steever, Sanford E. (1998) ''The Dravidian Languages'' Routledge, p. 11 </ref> as falas do sur diverxen o suficiente como para falar dun Proto-dravídico meridional do que emerxeu o proto-támil arredor do século III a.C. e pouco despois aparecen os primeiros testemuños epigráficos da lingua<ref>{{Harvnb|Southworth|2005|pp=250–251}}</ref>. Entre as linguas da India, o támil presenta a máis antiga literatura non relacionada co sánscrito<ref>Sivathamby, K (1974) [http://www.jstor.org/pss/3516448 Early South Indian Society and Economy: The Tinai Concept], Social Scientist, Vol.3 No.5 Dec 1974</ref>. Adoito categorízase a historia do támil en tres períodos: támil antigo (300 a.C. – 700 d.C.), támil medio (700–1600) e támil moderno (desde 1600).<ref name="Lehmann 1998 75">{{Harvnb|Lehmann|1998|p=75}}</ref>
 
== Notas ==