Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{Título en cursiva}}
[[Ficheiro:O sereo, Francisco Leiro, Vigo.jpg|dereita|thumb|250px|Detalle superior do Sereo dende a rúa Elduayen de Vigo]]
'''''O Sereo''''' (coñecido as máis das veces coma ''O Sireno'') é unha escultura realizada polo escultor [[Cambados|cambadés]] [[Francisco Leiro]] que se atopa no centro da [[Porta do Sol de Vigo|Porta do Sol]] fronte ao [[Edificio Simeón]]. Foi erguida no ano [[1991]], xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma ''[[Os Cabalos]]'' da Praza de España, a ''[[Porta do Atlántico]]'' nas Travesas (Praza de América), ''[[Rapto de Europa (escultura)|O Rapto de Europa]]'' en Samil ou o ''[[Monumento ao traballo]]'' na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións á cidadanía de Vigo. A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en [[aluminio]] e representa un personaxe imaxinario híbrido entre [[peixe]] e home. Non ten brazo, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de [[granito]] negro puído de 11 metros de altura<ref>http://hoxe.vigo.org/conecenos/e_sireno.php?lang=gal</ref>. O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral<ref>http://www.turismodevigo.org/es/el-sireno</ref>.
21.425

edicións