Diferenzas entre revisións de «Misticismo»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 62 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q45996)
Sem resumo de edição
No [[budismo]] a experiencia mística pódese identificar co [[nirvana]] no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no [[hinduísmo]] onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o [[atman]] co [[Brahma]].
 
No [[xudaísmo]] a principal corrente mística denomínase [[Cábala]]. O fillo de [[Isaac]], [[XacobeXacob]] cambiou o seu nome polo de [[Xacob|Israel]] (''forte con Deus'', e ''o que loita contra Deus'') tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de [[Moisés]] coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de [[Exipto]]. O canto [[erotismo|erótico]] do [[Cantar dos Cantares]], sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.
 
Filósofos neoplatónicos como [[Plotino]] describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.
 
No [[cristianismo]], a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. NaNas Igrexas Siríacas [[Igrexa Católica Siríaca|Católica]] e [[Igrexa Ortodoxa Siríaca|Ortodoxa]] seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de [[Efrén o Sirio]]. Na [[Igrexa Ortodoxa Copta]] a vida ascética de [[Antón Abade]] segue a ser exemplo a imitar. Na [[Igrexa Apostólica Armenia]] os poemas místicos de [[Narek]] son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na [[Igrexa Ortodoxa]] a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de [[Pais da Igrexa]] como [[Gregorio de Nisa]] e pervive a través do pensamento de [[Gregorio Palamas]] e a súas vivencias sobre as ''energeias'' divinas propias do [[hesicasmo]].
 
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] teñen particular importancia os escritos e predicacións de [[Bernardo de Claraval]] e [[Hildegarda de Bingen]] na [[Idade media]], así como o misticismo do século de ouro español con [[Tareixa de Xesús]] e [[Xoán da Cruz]].
 
No [[Islamismo]] unha corrente mística por antonomasia é o [[sufismo]]
71.757

edicións