Cidadanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: En termos de Dereito a '''cidadanía''' é a condición da persoa física (dita ''cidadán'') pola cal o ordenamento xurídico dun Estado recoñécelle a plenitude dos dereitos...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
En termos de Dereito a '''cidadanía''' é a condición da [[persoa física]] (dita ''cidadán'') pola cal o ordenamento xurídico dun [[Estado]] recoñécelle a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un estatus do cidadán, ou comom un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.
 
==Cidadán e súbdito==
O concepto de [[cidadán]] difire do de ''súbdito'' que se refire a aquel que é suxeito da [[soberanía]] dun Estado; a condición de súbdito implica, de por si, unha situación puramente pasiva (deberes e suxeizón), mentres que a de cidadán implica a titularidade dos dereitos e doutras situacións xurídicas activas.