Diferenzas entre revisións de «Irmandade Galega»

sen resumo de edición
m (completo info e lig int)
A '''Irmandade Galega''' foi unha organización política galeguista de [[Arxentina]] que se fundou en [[1941]] pola unión do [[Partido Galeguista (histórico)|Grupo galeguista]] de [[BosBuenos Aires]] e membros da [[Sociedade Nazonalista Pondal]].
 
==Historia==
Nun primeiro momento estivo dirixida por [[Manuel Puente]], [[Rodolfo Prada]] e [[Xosé Abraira]], máis tarde virou cara a esquerda e o independentismo dirixida por [[Moisés da Presa]], [[Bieito Cupeiro]], [[Manuel Pedreira]], [[Bernaldo Souto]] e [[Ricardo Flores]].
 
Comezou a editar o periódico ''[[A Nosa Terra (BosBuenos Aires)|A Nosa Terra]]'' en xuño de [[1942]]. Ese mesmo ano instituíu o [[17 de agosto]] como [[Día da Galiza mártir|Día dos Mártires]] en recordo do fusilamento de [[Alexandre Bóveda]] e a represión contra os galeguistas durante a [[Guerra civil española]] e a posguerra.
 
Houbo seccións da IG en [[BosBuenos Aires]], [[La Plata]], [[Mar del Plata]], [[Rosario, Santa Fe|Rosario]], [[Mendoza, Arxentina|Mendoza]] e fóra da Arxentina en [[Montevideo]] e [[Santiago de Chile]].
 
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]