Eva Perón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Eva Perón" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Filla non recoñecida do estancieiro Juan Duarte e Juana Ibarguren. Desde os 11 anos a súa infancia transcorreu en [[Junín]]. En 1935 marchou a [[BosBuenos Aires]] para traballar como actriz, debutou o 28 de marzo de 1935 no Teatro Comedias nun papel secundario en ''La Señora de los Pérez'', foi unha época na que viviu con poucos recursos ata que en 1937 comezou a actuar en [[radionovela]]s, en especial comezou a adquirir fama ''Los jazmines del ochenta''. En 1939 e apareceu nalgúns filmes pero foi en 1942 cando adquiriu fama ao facerse sumamente popular a radionovela ''Grandes mujeres de la historia'' na que tiña un papel protagonista. Unha das promotoras da Asociación Radial Arxentina, foi elixida a súa presidenta en 1944, o ano que coñecera a [[Juan Domingo Perón]], casando o 21 de outubro de 1945. Eva participou activamente na campaña presidencial de 1945 do seu esposo que foi un éxito e Eva colaborou na organización de cooperativas obreiras e na implantación de diversos beneficios sociais. En 1947 visitou diversos países europeos, entre eles a [[España]] de [[Franco]] Creou e converteu á [[Fundación Eva Perón]], de carácter privado pero financiada con fondos públicos nunha especie de ministerio oficioso para mellorar as condicións das clases máis desfavorecidas pero entrou en conflito coa [[Sociedad de Beneficencia]], unha entidade paraestatal dirixida por mulleres da clase alta que tradicionalmente se encargana na Arxentina da axuda social, o que fixo por extensión se enfrontase coa oligarquía arxentina e coas forzas armadas. Pero tamén é certo que o modo de vida de Eva, con ostentación de riqueza e casos de corrupción como o de seu irmán Juan non a axudaron.
 
Partidaria da igualdade de dereitos da muller, fundou en 1949 o [[Partido Peronista Feminino]] que tiña garantido un terzo dos cargos electos do [[peronismo]] e consegue o recoñecemento do voto feminino. Proclamada candidata á vicepresidencia da República o 22 de agosto de 1951 pero renuncia ante a oposición dos militares.
Liña 18:
[[Categoría:Nados en 1919]]
[[Categoría:Finados en 1952]]
[[Categoría:Nados na provincia de BosBuenos Aires]]
 
{{Link FA|es}}