Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
}}
{{Imperio Bizantino}}
O '''Imperio Bizantino''' (chamado tamén, sobre todo para facer referencia á súa etapa inicial, '''Imperio Romano de Oriente''') foi un [[imperio]] [[Cristianismo|cristián]] [[Idade Media|medieval]] de cultura [[lingua grega|grega]] cuxa capital estaba en [[Constantinopla]] ou [[Bizancio]] (actual [[IstambulEstambul]]). As orixes do Imperio Bizantino remóntanse á etapa final do [[Imperio Romano]]. Inicialmente abarcaba todo o [[Mediterráneo]] oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.
 
Non hai un consenso xeral en canto á data de inicio do Imperio Bizantino. Para algúns autores a data clave é a fundación de Constantinopla no ano [[330]], en tanto que outros estudiosos consideran como acta de nacemento do Imperio Bizantino a morte de [[Teodosio I]], en [[395]], cando o Imperio Romano foi definitivamente dividido en dúas metades, oriental e occidental. Outros pensan que pode falarse con propiedade de Imperio Bizantino a partir do momento en que foi deposto o último emperador romano de Occidente, [[Rómulo Augústulo]] ([[476]]).