Clemente Antonio Fernández Sarela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pequenas correccións
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Clemente Fernández Sarela''' foi un arquitecto [[barroco]] compostelán, nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1716]] e morto en [[1765]].
 
 
Fillo de [[Francisco Fernández Sarela]], mestre de arquitectura, o seu primeiro proxecto salientable foi a rehabilitación da porta da muralla de [[Igrexa de San Francisco, Santiago|San Francisco]], derrubada posteriormente no [[século XIX]]. En [[1744]] vémolo traballando baixo as ordes de [[Fernando de Casas Novoa]] na fachada do [[Obradoiro]] da [[Catedral de Santiago|catedral santiaguesa]]. Foi aparellador das obras desta catedral con [[Lucas Caaveiro]]. Xunto con él, realiza as obras da sala capitular e o arquivo; tamén traballou na fachada da Acibecharía.