Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
IDH
Liña 116:
[[Ficheiro:Reine Lofoten 2009.JPG|miniatura|Reine, nas illas [[Lofoten]].]]
[[Ficheiro:LodalenPano.jpg|miniatura|Lodalen, na costa occidental de Noruega.]]
Noruega posúe unha área de 385.199 km², unha parte da cal se distribúe entre as súas máis de 150 mil.000 [[illa]]s. Na área continental, predomina a paisaxe de [[montaña]]s, planaltos e [[fiorde]]s. Noruega posúe unha fronteira territorial de 2.542 km, sendo deles 1.619 km con [[Suecia]] ao [[leste]], 727 km con [[Finlandia]] ao nordeste e 196 km con [[Rusia]] no extremo [[norte]]. Ao sur Noruega está separada de [[Dinamarca]] polo estreito de [[Skagerrak]]. A extensión aproximada do país, de norte a sur, é de 17001.700 [[quilómetro]]s. As illas de [[Svalbard]] e [[Jan Mayen]] son tamén parte do territorio. A [[Illa de Bouvet]] no [[Atlántico|Atlántico Sur]] e a [[Illa de Pedro I]] no sur do [[Océano Pacífico]] considéranse dependencias e non forman parte do reino. Noruega é un dos países que reclama territorio na [[Antártida]], a [[Dronning Maud|Terra de Dronning Maud]].
 
O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordes que penetran fondamente no interior e [[tundra]] ao norte. A meirande parte de Noruega é montañosa, mais as montañas non constitúen un sistema montañoso senón unha serie de mesetas que teñen unha altura entre 600 a 900 metros. A orixe do macizo montañoso débese ao pregamento caledonio. Así pois, Noruega ten tres factores orográficos de norte a sur: a meseta de Finmark, os montes Kjolen e as mesetas do sudoeste e depresións do sueste de Noruega. O punto máis alto é o Galdhøpiggen con 2.649 m de altitude, sendo ademais o monte mais alto de [[Escandinavia]].