Diferenzas entre revisións de «Barack Obama»

*Kenia>Kenya e Hawai
(Desfíxose a edición 3226346 de 193.144.97.214 (conversa))
(*Kenia>Kenya e Hawai)
|web = [http://www.whitehouse.gov/ A Casa Branca]<br />[http://www.barackobama.com Barack Obama]
}}
'''Barack Hussein Obama II''', nado en [[Honolulu]] ([[HawaiiHawai]]) o [[4 de agosto]] de [[1961]],<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/Obama/culmina/sueno/cambio/elpepuint/20081105elpepuint_1/Tes ''El País'']</ref> é o cuadraxésimo cuarto e actual presidente dos [[Estados Unidos de América]]. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi senador polo estado de [[Illinois]] entre xaneiro de [[2005]] e novembro de [[2008]], momento no que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.
 
Ten o graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de [[dereito]] de Harvard (en inglés: ''Harvard Law School''), onde foi nomeado o primeiro presidente afroamericano da revista ''Harvard Law Review''. Foi organizador comunitario en [[Chicago]] antes de obter o grado en dereito. Traballou como [[avogado]] especializado en dereitos civís antes da súa elección como senador polo estado de [[Illinois]]. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago (en inglés: ''University of Chicago Law School'') dende o ano 1992 ata o 2004.
 
== Formación e traxectoria ==
Barack Obama naceu en [[Honolulu]], [[HawaiiHawai]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o [[4 de agosto]] de [[1961]], fillo de [[Stanley Ann Dunham|Ann Dunham]] e de [[Barack Obama, Sr.]]. Os pais de Obama coñecéronse nunha clase de [[Lingua rusa|ruso]] na universidade Mānoa de HawaiiHawai. A parella casou o 2 de febreiro de [[1961]], e o rapaz naceu ese mesmo ano. Os pais de Barack Obama separáronse no ano [[1963]] e obtiveron o [[divorcio]] no [[1964]]. O pai de Obama volveu a [[KeniaKenya]], o seu país de orixe e viu o fillo só unha vez máis antes de morrer nun accidente de tráfico en [[1982]].
 
Tralo divorcio, Ann Dunham casou con Lolo Soetoro, un estudante indonesio. Cando [[Suharto]], un líder [[militar]] indonesio, chegou ao poder en [[1967]], tódolos estudantes indonesios no estranxeiro foron chamados de volta ao seu país. A familia tivo que viaxar a Indonesia nese mesmo ano.
En [[1971]], Barack Obama volveu a [[Honolulu]] para vivir cos seus avós maternos, Madelyn e Stanley Dunham, e asistiu á escola Punahou, unha escola preparatoria privada dende quinto grao ata a súa graduación en [[1979]].
 
A nai de Obama regresou a [[HawaiiHawai]] en [[1972]] e permaneceu alí ata [[1977]], ano no que volveu a Indonesia para realizar un traballo de campo de [[antropoloxía]]. Ann Dunham volveu finalmente a HawaiiHawai en [[1994]] e viviu alí un ano, antes de finar por mor dun [[cancro]] de [[ovario]].
 
Obama lembrou da súa infancia que "o meu pai non se parecía en nada á xente que me rodeaba, xa que el era negro coma a brea, e a miña nai branca coma o leite; e o seu recordo está esvaído". Describiu os seus esforzos de mozo para reconciliar as percepcións sociais da súa herdanza multirracial. Referíndose máis tarde aos seus anos de estudo en [[Honolulu]], Obama escribiu: "A oportunidade que HawaiiHawai me ofrecía para experimentar unha variedade de culturas nun clima de respecto mútuo se converteu nunha parte integrante da miña visión do mundo, e na base dos valores que máis aprezo". Obama escribiu e falou sobre o feito de que consumira [[alcohol]], [[marihuana]] e [[cocaína]] na súa adolescencia "para expulsar da miña mente as preguntas sobre quen era eu".
 
Tras rematar a escola superior, trasladouse a [[Los Angeles]] en [[1979]] para asistir ao Occidental College. Despois de dous anos, en [[1981]], trasladouse á universidade de Columbia en [[Nova York]], onde cursou Ciencias Políticas, especializándose en Relacións Internacionais, graduándose en 1983 cunha licenciatura en Artes Liberais. Traballou durante un ano na Business International Corporation e despois no New York Public Interest Research Group.
 
Despois de vivir catro anos en [[Nova York]], Obama viaxou a [[Chicago]], onde foi contratado como director do Proxecto de Comunidades en Desenvolvemento (en inglés ''Developing Communities Project''), unha organización relixiosa que contaba con oito parroquias no Gran Roseland (Roseland, West Pullman e Riverdale) na zona sur da cidade denominada South Side, dende xuño de [[1985]] a maio de [[1988]]. Durante os tres anos que estivo á fronte do DCP, o personal medrou de un a trece, e o orzamento anual medrou de 70.000$ a 400.000$. Colaborou na creación dun programa de preparación para traballadores, un programa de titoría para as preparatorias universitarias, e unha organización de defensa dos dereitos dos inquilinos en Altgeld Gardens. Tamén traballou coma consultor e instructor da Fundación Gamaliel, un instituto de organización comunitaria. a mediados de [[1988]] fixo a súa primeira visita a [[Europa]] durante tres semanas, e marchou outras cinco semanas a [[KeniaKenya]], onde coñeceu a moitos dos seus parientes paternos. Volveu en agosto do [[2006]] para visitar o lugar de nacemento do seu pai, no oeste de [[Kenia]]Kenya.
 
Obama entrou na Universidade de Dereito de Harvard a fines do ano [[1988]]. Foi elixido director da ''Harvard Law Review'' ao rematar o seu primeiro ano, e presidente do xornal no segundo ano. Trala súa graduación coma Doutor en Xurisprudencia coa mención "[[cum laude|magna cum laude]]", en [[1991]], volveu a Chicago. Casou coa avogada [[Michelle Obama]] en [[1992]] e da parella naceron dúas fillas. A elección de Obama coma primeiro presidente negro da revista ''Harvard Law Review'' obtivo a atención dos medios de todo o país e facilitoulle a obtención dun contrato cunha editorial que lle concedeu un aticipo para escribir un libro sobre as relacións raciais, que finalmente se converteu nunha memoria persoal da súa vida. O manuscrito foi publicado en [[1995]] co título ''[[Dreams from My Father]]'' ("Soños de meu pai").
93.519

edicións