Gran Val do Rift: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
A parte norte do Rift fórmaa o val do [[río Xordán]], que corre cara ao sur dende o [[lago Hula]] e o [[mar de Galilea]] ata o [[mar Morto]], dende alí o Rift ocúpao o [[Wadi Arabah]] e despois o [[golfo de Aqaba]] e o [[mar Vermello]].
 
No Triángulo afar ou Depresión de Danakil ten lugar a confluencia de tres placas, a de Arabia e as dúas africanas, a nubia e a somalí. Na desembocadura sur do Mar Vermello o Rift ten unha bifurcación: o [[golfo de Adén]] cara ao leste que se corresponde coa división entre a [[Península de Arabia|península arábiga]] e África e continúa como parte da cordal central do Océano Índico; a outra ponla segue para o suroeste por [[Djibuti]], para se separar entre o Val do Rift occidental e o Val do Rift oriental, que abrangue [[Etiopía]], [[QueniaKenya]] e [[Tanzania]], o [[Lago Niasa]] e o [[río Chire]], terminando no [[Zambeze]], aquí sitúanse algunhas das montañas máis altas de África, como os [[Montes Virunga]], os [[Montes Mitumba]] e os [[Montes Ruwenzori]], e os [[lagos do Val do Rift]].
 
En Tanzania, un pouco ao norte do Lago Niasa, o val divídese unha vez máis, cunha póla que segue para o noroeste e despois para o norte, formando o lago Tanganica que fai fronteira entre a [[República Democrática do Congo]] e Tanzania e [[Burundi]], segue polo [[lago Kivu]] que separa [[Ruanda]] do Congo, os lagos [[Lago Eduardo|Eduardo]] e [[Lago Alberte|Alberte]], cunha das nacentes do [[Nilo]] que o separan de [[Uganda]], coñecido como Rift occidental ou albertino, onde se atopan a maioría dos [[grandes lagos Africanos]] xa mencionados. O [[lago Vitoria]] atópase entre os dous ramos do Val do Rift.
 
A concentración volcánica é alta: [[Kilimanjaro]], [[monte QueniaKenya]], [[monte Karisimbi]], [[monte Nyiragongo]], [[monte Meru]] e [[monte Elgon]], así como o cráter Highlands en Tanzania. O volcán Ol Doinyo Lengai continúa activo, é o único volcán de natrocarbonatite do mundo. Outra zona volcánica extremamente activa é o Triángulo Afar.
 
[[Ficheiro:Nyiragongo volcano - SRTM.jpg|miniatura|esquerda|400px|Volcán de Nyiragongo.]]En QueniaKenya o Val é máis fondo ao norte de [[Nairobi]], aquí os lagos non teñen saída ao mar polo que teñen un alto contido en sales, entre os máis importantes lagos destacan [[lago Magadi]] que é case sólido ''sodium carbonate'', o [[lago Elmenteita]], o [[lago Baringo]], o [[lago Bogoria]] e o [[lago Nakuru]] son todos moi alcalinos. O [[Lago Naivasha]] ten fontes de auga doce, o que lle permite ter unha elevada biodiversidade.
 
A separación das placas continúa, polo que dentro duns poucos millóns de anos, o Océano Índico asolagará a África Oriental e formarase unha grande illa coa rexión da costa de África.