Diferenzas entre revisións de «Goto Muñiz»

formato
m (engado a Categoría:Finados en 964 mediante HotCat)
(formato)
'''Goto Muñiz''' ou '''Gotona Muñoz''', nada contra o ano [[900]] e finada en [[964]], foi unha raíña consorte de [[reino de Galiza|Galicia]], filla de [[Munio Guterrez]], señor de [[Amaía]] e o monte Ilicino (actual [[Pico Sacro]]) e de [[Elvira Arias]], filla de Arias Pérez, conde de [[Coimbra]].
 
==Traxectoria==
Naceu arredor do ano [[900]] e antes do ano [[927]] xa casara con [[Sancho Ordóñez]], rei de toda [[reino de Galiza|Galicia]]. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co [[reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV de León|Afonso IV]], sería coroado en [[León, España|León]].
52.371

edicións