Abrir o menú principal

Cambios

+ cat; lig ints
[[Ficheiro:Ella Fitzgerald 1940.jpg|miniatura|300px|Ella Fitzgerald fotografiada por [[Carl Van Vechten]], 1940.]]
[[Ficheiro:EllaFitzgeraldvv.jpg|miniatura|300px|]]
 
'''Ella Jane Fitzgerald''', coñecida como '''Ella Fitzgerald''' e alcumada '''Lady Ella''' e '''The First Lady of Song''' (''A primeira dama da canción''), nada en [[Newport News]] ([[Virxinia]]) o [[25 de abril]] de [[1917]] e finada en [[Beverly Hills, California|Beverly Hills]] o [[15 de xuño]] de [[1996]], foi unha cantante estadounidense de [[jazz]]. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe [[Swing (música)|swing]], [[blues]], [[bossa nova]], [[samba]], [[gospel]], [[Calipso (música)|calipso]], cancións de nadal, [[pop]] etc.
 
Canda [[Billie Holiday]] e [[Sarah Vaughan]], está considerada como a cantante máis importante e influente da historia do [[jazz]] (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres [[oitavas]], destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no [[scat]], técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o [[bop]]. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de [[Frank Sinatra]], coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os ''songbooks'' de [[Duke Ellington]], [[Cole Porter]], [[Johnny Mercer]], etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.
 
Gañou 13 Premios [[Grammy]], e foi galardoada cacoa ''Medalla Nacional das Artes'' e a ''[[Medalla Presidencial da Liberdade]]'' dedos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Newport News]], [[Virxinia]], [[Estados Unidos de América|EUA]], creceuCreceu en [[Yonkers]], [[Nova York]], nunha situación de pobreza permanente. Seu pai, William Fitzgerald, condutor de tren, abandonou a súa nai Temperance (Tempie) Fitzgerald, lavandeira, cando Ella era moi cativa. As dúas trasladáronse a [[Yonkers]] ([[Nova York]]), xunto co mozo de Tempie, Joseph Da Silva, co que tería unha filla en 1923, Frances Fitzgerald.
 
En 1932, a nai de Ella faleceu tras un grave accidente de tráfico. Despois de estar con Da Silva durante un breve tempo, súa tía Virginia fíxose cargo dela. Pouco despois, Da Silva morrería dun ataque cardíaco, polo que Frances tivo que ir tamén vivir con Ella e a súa tía. Este ambiente dramático condicionou o comportamento de Ella, que tivo frecuentes problemas co absentismo escolar e incluso coa policía, o que a levou a ser internada nun reformatorio, de onde tratou de escapar varias veces, así como tamén da súa casa.
Fitzgerald gravou para [[Capitol]] e [[Reprise]] entre 1967 e 1970. Nos seus últimos anos, Fitzgerald volveu con Granz para formar parte da súa nova compañía, [[Pablo]]. A súa colaboración comezou cun gran concerto en 1972, o ''Santa Monica Civic concert'', e seguiu toda a década con discos orientados plenamente ao jazz, cantando con [[Count Basie]], [[Federico Parra]], [[Oscar Peterson]] e [[Joe Pass]], entre outros.
 
Xa cega a consecuencia da [[diabete]] que padecía, en [[1993]] perdía as súas pernas, e un tempo despois falecía en [[Beverly Hills]], [[California]]. Os seus restos atópanse no [[Cemiterio Inglewood Park]] dos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], California.
 
==Discografía==
== Selección discográfica ==
* 1945: ''Lullabies of Birdland'' (1945; Decca)
* 1955: ''Ella, Lena and Billie'' (1955; Columbia)
* 1956: ''Sings the Cole Porter Song Book'' (1956; Verve)
* 1956: ''Ella and Louis [Verve]'' (1956; Verve)
* 1956: ''Ella and Louis Together [Laserlight]'' (1956; Laserlight)
* 1956: ''Sings the Rodgers and Hart Song Book'' (1956; Verve)
* 1957: ''Sings the Duke Ellington Song Book'' (1957; Verve)
* 1957: ''Ella Fitzgerald at the Opera House [live]'' (1957; Verve)
* 1958: ''Sings the Irving Berlin Song Book'' (1958; Verve)
* 1958: ''Ella in Rome: The Birthday Concert [live]'' (1958; Verve)
* 1959: ''Sings the George and Ira Gershwin Song Book'' (1959; Verve)
* 1959: ''Ella Sings Gershwin [MCA]'' (1959; MCA)
* 1960: ''Ella in Berlin [live]'' (1960; Verve)
* 1960: ''Sings the Harold Arlen Song Book'' (1960; Verve)
* 1960: ''The Harold Arlen Songbook, Vol. 2'' (1960; Verve)
* 1960: ''Wishes You a Swinging Christmas'' (1960; Polydor)
* 1963: ''Sings the Jerome Kern Song Book'' (1963; Verve)
* 1963: ''On the Sunny Side of the Street'' (1963; Verve)
* 1964: ''Sings the Johnny Mercer Song Book'' (1964; Polygram)
* 1965: ''Ella Fitzgerald [Universal]'' (1965; Metro)
* 1965: ''Ella at Duke's Place'' (1965; Verve)
* 1966: ''Ella & Duke at the Cote D'azur [live]'' (1966; Verve)''
* 1967: ''Ella Fitzgerald's Christmas'' (1967; Capitol)
* 1973: ''Newport Jazz Festival: Live at Carnegie Hall'' (1973; Columbia)
* 1974: ''Ella in London'' (1974; Pablo/OJ)
 
== Véxase tamén ==
[[Categoría:Nados en 1917]]
[[Categoría:Finados en 1996]]
[[Categoría:Nados en Virxinia]]