Historia de Berlín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
lig ints
Liña 5:
No seu lugar, dende o [[século VI]], viñeron a establecerse progresivamente nos vales do Spree e o Havel os [[eslavos]] que no [[século VIII]] fundan os primeiros asentamentos permanentes: [[Cöpenick]] (720) e [[Spandau]] (750), cada un nun extremo (leste e oeste respectivamente) do concello moderno. Ámbolos dous seica coma cidadelas sobor de illas fluviais, na confluencia do Spree no Havel a de Spandau, e do Spree cun terceiro afluente a de Köpenick. E ámbalas dúas convertéronse en castelos altomedievais cun burgo ao seu carón <ref> ''Evolución de Köpenick no medievo'' [http://www.koepenick.net/galerie-karten-koep/koepenick-mittelalter.png]</ref><ref> ''Esquema do asentamento eslavo de Spandau na illa do Havel coa cidadela'' [http://www.wsa-berlin.wsv.de/wasserstrassen/schleusen/image_schleusen/Schleuse_Spandau,_Plan_nach_A._von_Mueller,_um_1250_neu.jpg]</ref>.
 
==Fundación na Marca de BrandenburgoBrandeburgo==
[[Ficheiro:Kloeden Plan Berlin um 1230.JPG|miniatura|200px|dereita|Berlin e Cölln arredor de 1230.]]
En 1157 os [[saxóns]] derrotan finalmente os eslavos e [[Alberte I o Oso]] convértese no primeiro Margrave da [[Marca de BrandenburgoBrandeburgo]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]]. Os seus sucesores implementan unha intelixente política de asentamentos (apoiados con fundacións relixiosas do [[císter]] ou do [[Orde dos templarios|temple]]) para estabilizaren e aseguraren a fronteira. Así aparecen documentados entre outros os de [[Cölln]] en 1237 e '''[[Berlín]]''' en 1244 (probablemente fundados en 1170 e 1200 respectivamente).
 
Dous poboamentos xemelgos a beira do Spree (seica tamén sobor anteriores aldeas eslavas), a metade de camiño entre Spandau e Köpenick, defendendo un vao (''Mühlendamm'') facilitado pola presenza dunha illa (onde se asentou Cölln, pobo de pescadores, emigrados moitos dende [[Colonia, Alemaña|Colonia]] e por iso o nome, en torno a igrexa e praza de S.Pedro); na ourela norte do río disponse Berlín arredor dunha praza de mercado coa igrexa de San Nicolás (1220-30).
Liña 17:
==Fin da autonomía comercial==
[[Ficheiro:Memhardt1652.jpg|miniatura|200px|Mapa de Berlín e Cölln, 1652.]]
O [[século XIV]] viu o ascenso de Berlín no liderado dos concellos de BrandenburgoBrandeburgo pola súa autonomía fronte ao poder dos margraves. A metade do mesmo, as cidades xemelgas pertencen a [[Liga Hanseática]] o que fortalece a súa posición.
 
No entanto, coa chegada dos [[Hohenzollern]] ao goberno da marca en 1415, os margraves (xa príncipes electores) van residir na cidade erixindo un castelo xunto ao Spree (''Berliner Stadtschloss'' en Cölln a carón da ''Lange Brücke'', 1443-51 <ref> ''Reconstrución do primitivo Castelo Hohenzollern, Geyer'' [http://berliner-schloss.de/userfilesupload/image/baugeschichte/20030202200618.jpg]</ref><ref> ''Outra reconstrución posible?'' [http://kuna-berlin.de/Berliner%20Stadtschloss%20Vorderansicht%201460.jpg]</ref>). Suporá a fin da autonomía burguesa e comercial (abandono da ''Hansa'').
Liña 34:
O novo rei proclama un novo status para Berlín: a partir de 1710 será a Capital Real unificando finalmente as seis cidades anteriores (xa con 60.000h de 6.000h en 1661). Consonte co rango adquirido manda erixir un novo pazo sobre o vello complexo na illa de Cölln (Pazo Real de [[Andreas Schlüter]] ampliado ao longo do século <ref> ''Vista de 1781 (J.Rosenberg) da fachada principal do novo Pazo Real dende a Lange Brücke<br> coa estatua ecuestre do Gran Elector'' [http://www2.kunstgeschichte.uni-freiburg.de/Online-Publikationen/Stephan_Stadtschloss/Abb_34.JPG]</ref>) coma centro visual do conxunto urbano (unha estatua ecuestre do seu pai, o Gran Elector, alzouse sobor da ''Lange Brücke'' á maneira do ''Pont Neuf'' de [[París]]). Así mesmo, unha coroa de pazos de campo arrodeaba a cidade (vg. Charlottenburg, ao oeste na ribeira do Spree).
 
No resto do século XVIII os seus sucesores, [[Federico Guillerme I]] (o Rei Soldado) e [[Federico II o Grande]], irán enriquecendo este organismo. As murallas do Gran Elector son derrubadas e unha nova cerca (1737, en pedra 1786) abarca todo o conxunto cos suburbios que creceran ao norte, leste e sur. Xunto as entradas máis importantes vanse erixir prazas e portas monumentais <ref> ''Planta de Berlín, Schneider 1798'' [http://historic-cities.huji.ac.il/germany/berlin/maps/schneider_1798_berlin_center.jpg]</ref>. Así a neoclásica [[Porta de BrandenburgoBrandeburgo]] (K.Langhans 1793, coma arco triunfal para Federico o Grande <ref> ''Panorámica coa Porta de BrandenburgoBrandeburgo abrindo a cidade'' [http://www.berlinplaene.de//productimages/image_1044915308_10014.jpg]</ref>) fronte ao ''Tiergarten'' no final da ''Unter den Linden'' (''Pariser Platz'') , e o lugar da futura ''[[Postdamer Platz]]'' (ante a ''Postdamer Thor'' e a octogonal ''Leipziger Platz'').
 
==Século XIX: Embelecemento e industrialización==
Liña 54:
O plan atinxía tamén as infraestruturas básicas (augas, sumidoiros) e de transporte (Canle Landwehr polo sur aliviando o Spree, ferrocarrís urbanos e metropolitano, ''U-Bahn'', a partir de 1896).
 
Entre os numerosos edificios e monumentos dun [[eclecticismo]] grandilocuente que se erixen nesta época, a ''Rotes Rathaus'' (novo concello, 1869), a Catedral de Berlín pechando a praza do Lustgarten e, sobre todo, o [[Reichstag]] (1894) a carón da Porta de BrandenburgoBrandeburgo, entre o parque do Tiergarten e o Spree <ref> ''Panorámica de Berlín en 1900: O Reichstag en primeiro plano e a Catedral ao fondo<br> entre o Pazo Real e a Illa dos Museos'' [http://www.berlinplaene.de//productimages/image_1044915308_10022.jpg]</ref>.
Xustamente a expansión residencial burguesa produciuse máis alá do parque, cara a Charlottenburgo con outro antigo camiño de caza dos príncipes electores que Bismarck se encargou de converter en gran bulevar (1876, 53m), a ''Kurfürstendamm'' <ref> ''Mapa do oeste de Berlín coa Kurfürstendamm, 1894'' [http://www.alt-berlin.info/cgi/stp/lana.pl?nr=12&gr=7&nord=52.501381&ost=13.319937]</ref>.