Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
lig int
Liña 34:
;Expansión en Italia: Durante a segunda metade do [[século XI]], invasores normandos arrebataran todo o sur de [[Italia]] aos [[Imperio bizantino|bizantinos]]. Durante a primeira metade do século XII, o rei [[Normandía|normando]] [[Roxer II de Sicilia]] transformouse nun dos máis poderosos monarcas de Europa. O [[Sicilia|reino de Sicilia]], fundado por Roxer, foi durante todo este tempo o máis próspero e desenvolvido de Europa, grazas a unha política de tolerancia relixiosa que permitiu asimilar a cultura superior de árabes e bizantinos. Todo iso, a pesar de que durante a conquista normanda de Sicilia comezou a introducirse o [[catolicismo]] e, por tanto, o poder da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] en ditas terras foi en aumento.
;Expansión nas illas Británicas: Os normandos tamén invadiron [[Inglaterra]] en [[1066]]. [[Guillerme o Conquistador]] sentou as bases do poderío inglés, que os seus sucesores aproveitaron para realizar novas incursións contra [[Irlanda]] e [[Escocia]].
;Expansión en Escandinavia: O produto do pillaxe e saqueo dos [[vikingo]]s levou á introdución da economía occidental no [[mar Báltico]]. O príncipe alemán [[Henrique o León]], vasalo de [[Federico Barbarroxa]], conquistou as terras entre [[BrandemburgoBrandeburgo]] e o [[río Oder]] aos [[vendos]], fundando [[Berlín]] entre outras cidades, e abrindo o camiño a novos señores feudais.
;Expansión en Europa Oriental: O reino de [[Polonia]] foi fundado no [[século X]] e, nas centurias seguintes, iniciou unha dura presión militar cara ao leste, en ''terras de ninguén'' ocupadas por tribos de pagáns como, por exemplo, [[Lituania]]. O labor combinado dos polacos e dos [[Cabaleiros Teutónicos]] conseguiu gañar todo o treito entre [[Occidente]] e os reinos rusos, en particular [[Nóvgorod]] e [[Moscova]].
[[Ficheiro:Europe 1142.jpg|miniatura|350px|O Occidente e as súas dependencias orientais en [[1142]].]]