Diferenzas entre revisións de «Bob Beamon»

sen resumo de edición
'''Robert ("Bob") Beamon''' (naceu o [[29 de agosto]] de [[1946]]), atleta [[Estados Unidos de América|norteamericano]] especialista en salto de lonxitude. É famoso polo seu extraordinario salto polo que obteu a medalla olímpica e o récord do mundo de salto de lonxitude.
 
Beamon, nacido en [[Jamaica, New York]], estabeleceu un novo [[récord do mundo|récord mundial]] nas [[Olimpiadas de verán de 1968]] na [[Cidade de México]] con un marabilloso salto de [[8,90 metro|m]], marca que se mantivo imbatido durante 23 anos, sendo declarado pola revista [[Sports Illustrated]] como unha das grandes fazañas deportivas do século XX. O seu salto superaba en 55 cm a mellor marca mundial anterior. Entre os factores que favoreceran un salto tan extraordinario contara sen dúbida a altura elevada a que se sitúa México, pois no mesmo ano, en Lake Tahoe, tamén a considerábel altitude, Beamon atinxira 8,39 m.
 
A marca atinxida por Beamon foi superada no [[Campeonato mundial de atletimo]], celebrado en [[Tokio]] no ano 1991, por [[Carl Lewis]] (8,91m.) e [[Mike Powell]] (8,95m.). Este estabeleceu o novo récord mundial. Porén o salto de Bob segue a ser o ''récord olímpico''.
 
 
Usuario anónimo