Robaliza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 57:
== Comportamento ==
A época de posta transcorre entre xaneiro e marzo. É moi voraz e a súa dieta componse de [[crustáceo]]s, [[gusano]]s, peixes, ourizos de mar e outros animais mariños.
 
== Cría ==
A súa crianza está estendida en moitos países mediterráneos. Os centros de reprodución producen [[ovo (biología)|huevos]] e [[larva]]s a partir de individuos reprodutores en condicións moi controladas. Cada femia pode chegar a poñer ata 250.000 ovos por quilo de peso. A desova é espontánea ou inducida e toda a posta é expulsada en só 2 ou 3 días. Durante o seu primeiro mes de vida aliméntanse de organismos vivos. Ao finalizar este mes comézaselles a destetar, e progresivamente inician unha alimentación a base de pensos secos. As robalizas de entre 2 e 10 g están listas para pasar ás unidades de engorde.
 
As instalacións de engorde compóñense de gaiolas flotantes no mar, tanques de formigón ou estanques de terra. En todos eles se alimenta as robalizas con pensos fabricados a partir de fariñas e aceite de peixe. Cada robaliza tarda entre 24 e 30 meses en alcanzar 400 g dende que eclosiona do ovo. O talle comercial abrangue dende os 180 g ata máis de 1.500 g, momento no que xa se pode comercializar.
 
==Pesca==