Jesús Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 2:
'''Jesús Franco Manera''', nado en [[Madrid]] o [[12 de maio]] de [[1930]] e finado en [[Málaga]] o [[2 de abril]] de [[2013]], foi un director de cine, actor, guionista, compositor, produtor e montador de cine.
 
É coñecido fundamentalmente polo seu labor como director. Rodou unhas 200 películas e declarou que morrerámorrería "coa cámara ó lombo". Traballou en multitude de países, como [[Francia]], [[Alemaña]], [[Suíza]], [[Portugal]], [[Italia]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]...
 
==Biografía==
Liña 13:
Pronto aplicou a súa experiencia e os seus coñecementos, e así realizou a súa primeira longametraxe: ''Tenemos 18 años'' (1959), pero non foi ata 1962, coa famosa ''Gritos en la noche'', cando conseguiu un certo éxito. Outras películas da época son ''La muerte silba un blues'' (1962), ''La mano de un hombre muerto'' (1962) ou ''Rififí en la ciudad'' (1963).
 
Aclamado polos fans do xénero de terror, que empezou a cultivar con bastante frecuencia, converteuse axiña nun inimigo da ditadura. Porén, as boas críticas recibidas polos seus traballos naquela época, materializáronse en axuda económica para poder continuar coaco labor. Exiliouse e continuou traballando no estranxeiro.
 
Non lle faltaron productoresprodutores fóra de España, e non só para as súas incursións no xénero de terror, xa que tamén tocou todo tipo de xéneros: comedia, drama, musical e mesmo o porno. En 1965 traballou como director de unidade secundario para [[Orson Welles]] en ''Campanadas a medianoche'', co que repetiría nos proxectos inacabados ''La isla del tesoro'' e ''Don Quijote''. Pero foi en 1967 cando gañou o clamor do público a nivel internacional, coa súa película ''[[Necronomicon]]'', que foi presentada no [[Festival Internacional de Cine de Berlín|festival de Berlín]].
 
Porén, as súas películas non sempre eran ben acollidas pola crítica ou o público. De feito, boa parte de crítica e público empezou a rexeitar e desprezar as súas ''aloucadas'' ideas. Así, centrouse en realizar películas de baixo presuposto e cunha velocidade asombrosa, chegando a lanzar seis, sete ou incluso máis títulos ó ano, traballando con moitas productoras en numerosos países, e incluso chegando a crear a súa propia (Manacoa Films). Este feito levouno a estrenarestrear moitos dos seus títulos baixo pseudónimos, "por recomendación das productoras, para non saturar o mercado cinematográfico", segundo explicou. En realidade a razón fundamental do uso de pseudónimos era a búsqueda dunha mellor venta da película, con nomes que soasen ben no mercado internacional e que soasen novidosos. Así, asinou algúns dos seus traballos como David Khunne, John O'Hara, Clifford Brown ou Pablo Villa.
 
Debido á su enorme capacidade de produción, tamén aproveitaba moitas veces o reparto dunha rodaxe para embarcarse nun novo proxecto, utilizando o mesmo material e os cartos sobrantes do proxecto anterior, o que explica por que a maioría dos seus filmes son de baixo presuposto. Chegou mesmo a aproveitar as mesmas escenas para diferentes películas.
 
Entre os seus actores máis destacados están [[Howard Vernon]], [[Antonio Mayans]], [[Christopher Lee]], [[Klaus Kinski]], [[Jean Servais]], [[Santiago Segura]], [[Fernando Fernán Gómez]] e [[Aldo Sambrell]]. Entre as súas musas ou actrices fetiche están [[Diana Lorys]], [[Maria Rohm]], [[Soledad Miranda]] ou [[Lina Romay]]. Esta última é a máis representativa e foi a súa actualderradeira compañeira sentimental.
 
Durante os anos 80 moitas das súas películas foron calificadas como X polos comités de censura de diversos países. EstrenáronseEstreáronse versións das súas películas cunha metraxe bastante recortada (ata 40 minutos), algo que el non comprendía. Respondeu con incursións no cine puramente porno, algo que moitos dos seus fans tampouco souberon comprender.
 
A principios dos 90 foi contactado pola Sociedade Estatal para a [[Exposición Universal de Sevilla de 1992]] para recompilar o material e montar a película que se estrenaríaestrearía co título de ''Don Quijote de Orson Welles'', unha película que o director americano rodara ó longo de décadas e deixara inacabada. Tras moito tempo de traballo e montaxe, estrenouestreou finalmente a película, aínda que non recibiu unha moi boa acollida pola crítica.
 
Tras anos nos que as películas de Franco só se podían ver ocasionalmente en España a través de ediciones en vídeo, en 1996 estrena en cine ''Killer Barbys'', o que coincidiu cunha homenaxe en [[Nova York]] (onde recibiu un premio de mans de [[Roger Corman]]) e unha reivindicación xeral da súa obra.
 
Posteriormente a produción de Jess foi descendendo notablemente, aínda que segueseguiu rodando. Os seus máis recentes traballos foron como actor para películas dos seus colaboradores [[Pedro Temboury]] e [[José Roberto Vila]]. Tamén traballou como actor en moitas das súas películas e no clásico de Fernando Fernán Gómez ''El extraño viaje'' (1964), consideradaconsiderado un dos mellores filmes españoles de tódolos tempos.
 
En 2006 apadriñou ó colectivo español [[Digital 104]], que como el, defende a produción en formato dixital fronte ó problemático celuloide. ÉFoi tamén o gran protagonista do documental ''The Life and Times of Jess Franco'' (2006), de [[José Luis García Sánchez]]. En [[2009]] recibou o [[Premios Goya|Goya]] de [[Premio Goya de honra|honra]].
 
==Pseudónimos==