Gaelscoil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Úlster -> Ulster
Liña 18:
As Gaelscoileanna teñen adquirido a reputación de proporcionar uns resultados académicos excelentes cun orzamento moderado. Téñense descrito como un sistema de ''selección social positiva'' ofrecendo unha mellor formación de cara ó ensino universitario e á formación profesional. Unha análise das escolas que envían estudantes ás institucións de ensino superior amosan que o 22 % das escolas que fan ensino en irlandés envían a tódolos seus estudantes ó ensino superior, en comparación co 7 % das escolas en inglés.<ref>{{cita web|título=Language and Occupational Status: Linguistic Elitism in the Irish Labour Market|url=http://ideas.repec.org/a/eso/journl/v40y2009i4p435-460.html|editor=The Economic and Social Review, Vol. 40, No. 4, Winter, 2009|dataacceso=1 de xuño de 2013}}</ref>
 
Tense argumentado que o bilingüismo como resultado da adquisición temperá doutra lingua é en xeral beneficioso e axuda ós cativos a aprender unha terceira ou unha cuarta lingua. Os defensores da inmersión en irlandés ás veces fan referencia a estudos que amosan qeuque os nenos bilingües teñen máis facilidades noutras materias que os nenos monolingües.<ref>{{cita libro|nome=Bialystok e Hakuta|título=In Other Words: The Science and Psychology of Second-Language Acquisition|ano=1994|editor=Basic Books|localización=Nova York|isbn=0-465-03281-8|editor=Basic Books}}</ref>
 
== Escolas por provincia ==