Flaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q240433
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Antigamente os mastigóforos considerábanse unha clase [[taxonomía|taxonómica]] do [[filo]] dos [[protozoo]]s (e noutras clasificacións un filo). Como algúns [[rizópodo]]s (protozoos con [[pseudópodo]]s) tamén posúen flaxelos en certas fases da súa vida, e certos mastigóforos pasan por fases [[ameboide]]s, estas dúas clases considerábanse estreitamente relacionadas, e clasificábanse no filo ''Sarcomastigophora''. A clase dos mastigóforos subdividíase tradicionalmente en dúas subclases: ''Phytomastigophorea'' (ou '''fitoflaxelados''', protozoos cunha forma de vida similar á das plantas ou algas) e ''Zoomastigophorea'' (ou '''zooflaxelados''', parecidos a animais). <ref>''Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Medicina Dorland''. 1996. McGraw-Hill - Interamericana de España. Vol. 4. ISBN 84-7615-986-2.</ref> Esta clasificación non ten ningún sentido actualmente. Hoxe os protozoos con flaxelos están clasificados en diversos grupos moi diferentes e non necesariamente relacionados entre si.
 
O termo flaxelado está incluído no nome doutros grupos mellor caracterizados taxonomicamente, como os [[dinoflaxelado]]s ou [[coanozoos|coanoflaxelado]]s <ref>Cavalier-Smith T (1995). "Zooflagellate phylogeny and classification". Tsitologiia 37 (11): 1010–29. PMID 8868448. </ref>.
 
== Notas ==