Reino do Congreso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 29:
Tras once meses de guerra, Rusia controlou a situación. A constitución foi abolida, e establecéronse tarifas aduaneiras con Rusia para frear o desenvolvemento da economía do reino. As autoridades rusas pecharon as universidades e escolas superiores. O [[papa]] [[Gregorio XVI, papa|Gregorio XVI]] outorga a bendición a [[Nicolao I de Rusia|Nicolao I]] por liquidar do Reino do Congreso toda a tolerancia que [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] permitira. No [[1832]], a administración recaeu nun goberno militar, a cargo do xeneral [[Iván Paskievich]], quen levou a cabo unha política de [[rusificación]]. No [[1856]], [[Mikhaïl Gortchakov]] sucédeo como gobernador do Reino de Polonia ata o [[30 de maio]] de [[1861]].
 
===O país do VistulaVístula===
En 1863, xorde unha nova revolta, a [[Revolta de Xaneiro]]. Tras a derrota dos insurxentes, instaurouse unha política de rusificación total. O proceso de unificación con Rusia foi proposto coa fin de acabar coas institución do reino polaco creadas en [[1815]]. O [[Lingua rusa|ruso]] converteuse na lingua oficial. En [[1868]], os territorios do Reino do Congreso, foron incorporados ó [[Imperio Ruso]] baixo o nome de ''País do Vístula'' (en ruso: Privislinsky Kray). O nome, Reino do Congreso, continua sendo empregado para designar estes territorios ó longo do século XIX, aínda que a entidade política do reino non exista xa.