Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.33.84.93 (conversa); cambiado á última versión feita por Nastoshka
Liña 39:
==== Peche de servizos e decadencia ====
[[Ficheiro:Ponte Vella Internacional Tui-Valença.jpg|miniatura|300px|[[Ponte Vella Internacional Tui-Valença|Ponte Internacional do ferrocarril en Tui]].]]
Coa rede ferroviaria galega rematada a partir de 1958 –agás no corredor de vía estreita entre Ferrol e Ribadeo que non chegará a conectar coa liña transcantábrica ate 1972–, os servizos viven un longo período de estabilidade. A chegada das locomotoras Diésel e os automotores rápidos –Taf– nesa mesma década, e os ferrobuses e os Ter a partir dos anos sesenta, relegan a tracción vapor ate que en 1966 desaparece practicamente das circulacións galegas. A expansión do automóbil, a mellora das redes viarias plantexa una gradual decadencia do ferrocarril que vai agravarse ante os nulos investimentos na modernización e no mantemento, de xeito que a única mellora rexistrada en trinta anos será a electrificación da liña Vigo-Monforte, rematada en 1981. Nos anos 1980 e 1990 desaparecen servizos ferroviarios e outros redúcense ante a escasa ocupación de viaxeiros o que ocasiona numerosas chamadas de atención por parte da sociedade que reclama maior participación do ferrocarril no contexto do transporte de viaxeiros e mercadorías en Galicia, adicándolle similar esforzo inversor que o practicado polas administracións ás estradas e aeroportos.
== ==
 
O proceso reivindicativo chega ó punto crítico cando nos plans trazados dende Bruxelas nos comezos da década de 1990 para a alta velocidade europea queda marxinada Galicia. Tras numerosas propostas e contrapropostas, asúmese a necesidade de mellorar as relacións internas, especialmente no chamado Corredor Atlántico (Coruña-Vigo-Porto) cun proxecto de velocidade alta para trens que podan desenvolver ate 220 km/h e conexións de Santiago, A Coruña e Vigo, a través de ramais, tamén a velocidade alta, co Corredor Noroeste de Alta Velocidade que chegará dende Madrid, vía Valladolid. As estimacións prevén o remate das obras en ámbolos dous eixos de actuación antes de 2010. A realidade, manifesta dende 1845 que as obras ferroviarias nunca remataron nin por aproximación, nas datas previstas.
 
==== Accidente ferroviario en 2013 ====
 
{{AP|Accidente ferroviario de Angrois de 2013}}
O [[24 de xullo]] de [[2013]] no lugar de [[Angrois, Sar, Santiago de Compostela|Angrois, Sar]], a dous quilómetros da entrada da cidade de [[Santiago de Compostela]], tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia de [[Galicia]], con 78 vítimas mortais, e o segundo máis grave da historia de [[España]] despois do de [[Accidente de Torre del Bierzo|Torre del Bierzo]], que tamén facía ruta dende a [[Meseta Central|meseta]] ata Galicia.
 
Un tren [[Alvia]], que circulaba a 190 [[Quilómetro por hora|km/h]] nunha zona limitada a 80, descarrilou nunha curva coñecida coma A Grandeira. O pavillón Fontes do Sar utilizouse como [[tanatorio]] provisional pola gran cantidade de finados. O medios de comunicación nacionais e internacionais loaron a resposta dos veciños de Angrois, dos servizos de Compostela e dos cidadáns de Galicia en xeral por contribuír nos labores de rescate e axuda.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/26/accidente-santiago-amanecer-duro/0003_201307G26P18992.htm?idioma=galego ''Accidente en Santiago: ... e o amencer máis duro''] [[La Voz de Galicia]].</ref>
 
== Liñas en Galicia ==
[[Ficheiro:Ferrocarril_galicia.jpg|miniatura|300px|Mapa das liñas de ferrocarril en [[Galicia]] en xuño de 2009.]]
O mapa a seguir amosa as liñas de ferrocarril existentes en Galicia en xuño de 2009. Non se teñen en conta ramais privados a empresas ou accesos a portos. Suman aproximadamente uns 1.100 quilómetros. As liñas sinaladas en negro pertencían até o ano 2005 a [[Renfe]] e dispoñen de largo ibérico (1.668 mm) mentres que a liña vermella ([[Ferrol]]-[[Ribadeo]]-[[Oviedo]]) é vía estreita de 1 m de ancho e pertence a [[FEVE]]. A liña en verde é o antigo camiño de ferro mineiro [[Vilaoudriz, A Pontenova|Vilaoudriz]] - [[Ribadeo]], tirado nos anos 60 do pasado século.
Das liñas en uso só o trazado que entra por [[Ponferrada]] cara a [[Liña Monforte de Lemos - Vigo|Monforte-Ourense-Vigo]] está electrificado.
 
== Elementos da infraestrutura ==
[[Ficheiro:08_tory_railtrack_ubt.jpeg|miniatura|Vía de tren.]]
* [[Aparato de vía|Aparatos de vía]].