Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 175:
Ola Lmbuga. Entendo perfectamente a túa argumentación e comparto a túa proposta, así que moito ánimo e moita sorte nese proxecto que queres levar adiante. Pola miña parte, retirei o voto porque penso que o normal é que falen outros usuarios (de Galilibros ou de Galipedia) máis experimentados. De feito, cando votei nin sequera sabía que noutros proxectos, como Galipedia, había que ter un mínimo de edicións para votar, etc., etc. (entereime o día seguinte). Teño ganas de facer cousas pero xa vexo que as wiki son un mundo inxente e complicado, no que é mellor ir paso a paso e sen precipitarse. Sen embargo, reitero persoalmente o meu apoio á túa idea, que entendo perfectamente xustificada. Aproveito para comentarche outras cousas: a idea de Galilibros gústame, así que quizais teñamos a oportunidade de colaborar por alí. Unha cuestión, que quizais me poidas orientar: ¿Galilibros está pensado para libros de texto para estudantes de primaria/secundaria ou tamén para libros científicos propiamente, de investigación, fontes "primarias", digamos? Creo que en inglés está separado wikibooks e wikiversity, pero supoño que en galego é todo un, non? Para poñer o proxecto a andar estaría ben facer un deseño mínimo de políticas, así que se volves a administrador e tes tempo e precisas axuda ou diálogo, podes contar comigo, na medida das miñas posibilidades. Outra cuestión: eu tamén traballo nun centro educativo e ás veces temos problemas de bloqueos por vandalismo, pero é un problema das IP's da Xunta, que son comúns a moitos centros. Hoxe precisamente houbo un bloqueo global que me fastidiou dúas clases. A ti tamén che pasa iso? Non é algo que sexa para sempre, pero molesta. Ás veces, incluso polos tipos de vandalismo se pode detectar o centro que é. Os rapaces son tan inocentes que deixan nomes e apelidos en edicións vandálicas (hoxe topei dous casos de Galicia), así que se pode rastrexar de que centro veñen. Iso, obviamente, non significa que eses rapaces sexan culpables, pero si da pistas sobre se poden ser eles ou xente da súa clase ou idade. Cando é un bloqueo local non pasa nada, pero un bloqueo global... algunha medida haberá que tratar de tomar. No noso centro son sempre maiores de 18, así que sabemos que en xeral o vandalismo non é deles (espero!), pero obviamente os centros educativos da Xunta implicados nas wikis estamos obrigados a entendernos. Era simplemente por compartir a experiencia e saber cal é a túa ó respecto. Nada máis. Apertas e moita sorte.--[[Usuario:AArizaga|AArizaga]] ([[Conversa usuario:AArizaga|conversa]]) 3 de abril de 2014 ás 16:49 (UTC)
:::Sobre o tema do vandalismo e as IP compartidas, acabo de deixar [https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Vandalismo#IP_193.144.97.214 unha nota no taboleiro dos administradores]. Bota unha ollada ás ligazóns e ós nomes dos "posibles vándalos infantís", só por se acaso. Apertas e grazas.--[[Usuario:AArizaga|AArizaga]] ([[Conversa usuario:AArizaga|conversa]]) 3 de abril de 2014 ás 17:18 (UTC)
::::En primeiro lugar, grazas polo superfluo ánimo. Desculpa, pero para min esas palabras en concreto (''moito ánimo e moita sorte'') son superfluas, pois retiras o voto tras presentarte, e provocando a imaxe dalquén que vota a favor e retira o voto porque alguén o convenceu. Semella que o dano (dá igual o que dixeses, o dano é a imaxe primeira do que fas) que fas na votación non importa, pero a min si me importa.
::::Así e todo, teño que darche as grazas por cousas máis importantes, pois todo o que dixen anteriormente é dispensable e de escasa importancia:
::::Agradezo o desexo de colaboración. Apúntome. Pero apúntome contigo, non estando eu nun pedestal. Estando xuntos na medida das posibilidades de cada un. Mesmo podemos realizar proxectos conxuntamente.
::::Agradezo que me trates coma se os meus alumnos traballasen na Galipedia. Non é así desde fai moito tempo. Creo que só o intentei nun ano académico. Eu, en realidade, colaboro con profesores que teñen alumnos que traballan na Galipedia, pero nin eu nin os meus alumnos (inda que ás veces son alumnos compartidos con eses profesores) traballamos na Galipedia. Podería facelo, pero inda non atopei o proxecto adecuado ou, sendo realistas e dicindo a verdade, non dei convencido ós compañeiros adecuados (cousas teño en mente pois o traballo dalgún compañeiro é máis ca válido).
::::Si traballei cos alumnos noutro tempo e tiven problemas coas IPs. Eses problemas desaparecen se os alumnos se rexistran e traballan conxuntamente. Por moito que unha IP estea bloqueada, un usuario rexistrado pode editar desde ese ordenador (penso eu). Cando traballei eu era administrador e se unha IP era bloqueada, eu solicitaba o desbloqueo explicándoo. Nunca vin un bloqueo global.
::::O único problema que eu tiven debeuse a que desde o mesmo ordenador só se poden rexistrar uns tres usuarios nun espazo de tempo determinado (quizais un ano), polo que algún dos meus alumnos tiveron que rexistrarse desde a casa xa que, desde o insti, non podían por non se poder rexistrar máis. Non sei se agora iso segue igual.
::::O outro día vin un ordenador bloqueado, pero nunca pensei no que me estás a dicir. Se te rexistras, saltas o bloqueo (penso eu). Eu nunca traballei con alumnos sen estaren rexistrados. Mesmo recomendo non facelo, pois é difícil seguilos e educalos. Aínda que a IP dun ordenador estea bloqueada, penso que un usuario pode rexistrarse e editar.
::::Descoñezo wikiversity. Tras ti dicilo fun mirar. Teño a imprensión de que non son o mesmo e de que nada do de Galilibros ten cabida en wikiversity sen ser transformado. Repara no curso de galego de Galilibros, penso que necesitaría unha enorme adaptación para ser válido. Ademais, nunca tería a mesma estrutura.
::::Unha aperta. Se ves cómo colaborarmos xuntos dimo. Eu teño varias liñas abertas como rematar o que estou facendo, pero é traballo exclusivamente meu; facer un libro con entrevistas a escritores galegos (dependo doutra xente e dos seus alumnos);...
::::Apertas--'''<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:80%">&nbsp;[[User:Lmbuga|Lmbuga]]&nbsp;/&nbsp;[[User talk:Lmbuga|Conversa comigo]]&nbsp;</span>''' 5 de abril de 2014 ás 03:16 (UTC)