Abrir o menú principal

Cambios

lig ints
 
[[Ficheiro:Miami-downtown-from-intercontinental-hotel.jpg|miniatura|300px|Centro de Miami]]
'''Miami''' é unha cidade da [[Florida]], nos [[Estados Unidos da América]]. É a sede do condado de [[Dade]]. Ten preto de 350 mil habitantes, aínda que súa zona metropolitana posúa 2.1 millóns, chegando a cinco millóns, cando se contan os condados veciños de ''Broward'' e ''Palm Beach''. Foi fundada o 28 de xullo de 1896 e segundosegún as [[Nacións Unidas]] no ano 2008, Miami converteuseconvertéuse na cuarta área urbanizada máis grande do país, despois dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[Nova York]] e [[Chicago]]. Tamén no 2008 a cidade de Miami foi premiada co galardón de "Cidade máis limpa dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]".
 
== Historia e características ==
A área da desembocadura do río Miami na [[Baía Viscaíno]] levaba mil anos habitada polos indios [[Tequesta]] cuxas principais aldeas asentábanse na beira [[norte]]. No [[século XVI]] apareceron exploradores [[Imperio Español|españois]], os primeiros [[Europa|europeos]], que en [[1567]] levantaron unha misión xesuíta na mesma desembocadura pero que foi abandonada aos tres anos.
 
Ata comezos do [[século XIX]] non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran [[Bahamas|bahameños]] buscadores de tesouros nos naufraxios da zona, sen título de propiedade. Pero venderon a [[Richard Fitzpatrick]] terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.
Miami é unha das cidades máis visitadas polos turistas nos Estados Unidos, frecuentadas polos ''snow birds'', termo usado para descreber os habitantes da rexión norte dos [[Estados Unidos da América]], que pasan o [[inverno]] neste estado (e principalmente nos arredores desta cidade), para fuxiren da neve e do frío.
 
== Clima ==
O clima de Miami é un [[clima tropical]], con veráns calurosos e húmidos, e con invernos tépedos e secos, e normalmente con temperaturas non máis baixas de 10  °C. Miami está considerada unha das cidades con máis calor do país, chegando a ter 3.000 horas de sol ó ano.
 
== Barrios ==
A cidade de Miami está dividida en trece barrios, o barrio central da cidade, é o [[Downtown Miami]]. No norte atópase [[Midtown]], un barrio no que hai diversas culturas de diferentes países. O do sur é [[Coral Way]] no cal a súa [[arquitectura colonial española]] é o máis destacado, e tamén o [[Coconut Grove]]. No lado oeste sitúase [[Little Habana]], [[West Flagler]] e [[Flagami]].
 
== Música Popular ==
A música en Miami é variada. As diversas culturas trouxeron a Miami varios tipos de bailes. Os [[cubanos]], a [[conga]] e a [[rumba]]. Os de [[Porto Rico]], o actual [[Reggaeton]]. Os [[dominicanos]] a [[bachata]] e o [[merengue]]. Os que máis aportaron foron os [[caribeños]], que engadiron a esa lista o [[reggae]], o [[soca]], o [[kompa]], o [[zouk]], o [[Calipso (xénero musical)|calipso]] e o [[steelpan]].
A cidade de Miami tamén está considerada a mellor do mundo no [[freestyle]], un estilo de [[música dance]], desta cidade saíu moita xente que se fixo famosa con este tipo de música, como o caso de [[Stevie B]] ou [[Exposé]]. Grazas a que Miami tamén é unha gran potencia na música techno, organízanse festas en grandes discotecas como ''Mansion'' ou ''Opium Garden''.
 
== Medios de comunicación ==
Os destacados, [[The Miami Herald]] en inglés e [[El Nuevo Herald]] en español, son os máis comúns na parte de periódicos, seguido de periódicos para estudantes que son menos leídos. Miami é a cidade de producción de moitas cadeas televisivas como o caso de [[Telemundo]] ou [[Mega TV]]. Tamén a radio ten unha gran aportación no país, polo alto porcentaxe de oíntes que hai.
 
== Deportes ==
Miami conta con catro equipos de diversos deportes, como poden ser os [[Miami Heat]] de [[baloncesto]], os [[Miami Dolphins]] da [[NFL]], os [[Florida Marlins]] da [[MLB]] e os [[Florida Panthers]] da NHL. O [[American Airlines Arena]] é o estadio dos [[Miami Heat]], campións no 2012, é o único estadio que está situado no centro de Miami. O [[Dolphin Stadium]], campo de fútbol americano que xa se sitúa nas aforas de Miami, foi varias veces o escenario das finais da [[Super Bowl]].
 
== Notas ==
[[Categoría:Cidades de Florida]]
[[Categoría:Sedes de Condado en Florida]]
 
{{Link GA|cs}}