Diferenzas entre revisións de «Talibán»

engado fotografía
(corrixo)
(engado fotografía)
==Historia e características==
Os membros máis influentes, incluíndo [[Mullah Mohammed Omar]], o líder do movemento, eran simples [[mulá]]s da aldea (eruditos relixiosos islámicos menores), a maioría dos cales [[talib|estudaran]] en [[madrasa]]s paquistanís. O movemento talibán estaba integrado principalmente por [[Pashtun]]s de Afganistán e da provincia da Fronteira do Noroeste Paquistán, pero tamén incluíu a moitos voluntarios non-afgáns do mundo árabe, así como [[Eurasia]], [[Asia do Sur]], e [[Asia suroriental]].
[[File:Taller Buddha of Bamiyan before and after destruction.jpg|miniatura|300px|Unha das estatuas de [[Buda]] destruída polos talibán en Bamiyán por seren ''ídolos''. Á esquerda, fotografía de 1963; á dereita, trala destrución en 2001.]]
 
Despois da caída da prosoviética [[República Democrática de Afganistán]] en [[1992]], Afganistán foise enredando nunha guerra civil entre [[señor da guerra|señores da guerra]], facendo a vida difícil nas zonas rurais e en especial no sueste<ref>Fergusson, James (2010) ''Taliban:The Unknown Enemy'' Da Capro Press:Cambridge, Massachusetts, p. 24 </ref> do país habitado polos pashtun. Os talibáns emerxeron eventualmente como unha forza capaz de traer orde ó país. A subida dos talibáns axudou á economía eliminando os pagos que os señores da guerra esixían ós comerciantes, trouxo vantaxes políticas reducindo a loita entre faccións (aínda que o talibáns combateron agresivamente contra os seus inimigos, a súa hexemonía relativa reduciu o número de faccións) e trouxo estabilidade relativa impoñendo un sistema de normas ante unha sociedade caótica. A ideoloxía radical dos talibán apartaría máis adiante a moitos observadores que consideraban inicialmente a súa aparición como positiva. A mitoloxía talibán establece a primavera de [[1994]], co rapto e violación de dúas raparigas nun punto de control [[mujahidin]] na aldea de [[Sang Hesar]] nas aforas de [[Kandahar]]. O mulá local Omar, veterano da facción [[Harakat-i Inqilab-i Islami]] contra o réxime de [[Najibulá]], con outros trinta e tantos talibáns organizou un grupo armado para rescatar as raparigas e colgou o comandante dos mujahidín.
 
54.976

edicións