Adenilato ciclase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
Concedéuselle o [[premio Nobel]] a Earl Sutherland en 1971 polo descubrimento do papel clave da AC-III no fígado humano, onde a [[adrenalina]] estimula indirectamente a AC para que se mobilice a enerxía almacenada na resposta de "loita ou fuxida". O efecto da adrenalina exércese por medio da fervenza de sinalización da [[proteína G]], a cal transmite sinais químicos desde fóra da célula a través da membrana ata o interior da célula ([[citoplasma]]). O sinal externo (neste caso, a adrenalina) únese a un receptor, o cal transmite un sinal á proteína G, que á súa vez transmite un sinal á adenilato ciclase, e esta converte o [[adenosina trifosfato|ATP]] en [[adenosina monofosfato cíclica|AMPc]]. O AMPc funciona como segundo mensaxeiro.<ref name="Campbell">{{cite book | author = Reece J, Campbell N | title = Biology | publisher = Benjamin Cummings | location = San Francisco | year = 2002 | pages = 207 | isbn = 0-8053-6624-5 }}</ref>
 
Descubriuse unha adenilato ciclase fotoactivable (PAC) en ''[[Euglena gracilis]]'', que pode expresarse noutros organismos por medio de manipulacións xenéticas. Ao iluminarmos unha célula que conteña PAC con luz azul, este encima actívase e incrementa bruscamente a velocidade de conversión do ATP en AMPc. Esta é unha técnica útil para os investigadores en neurociencia porque lles permite que se incrementeincrementen os niveis intracelulares de AMPc en determinadas [[neurona]]s, e para estudar o efecto dese incremento na actividae neural no comportamento do organismo. Por exemplo, a expresión da PAC en certas neuronas altera o comportamento de aseo das moscas da froita expostas á luz azul.<ref name="pmid17128267">{{cite journal | author = Schröder-Lang S, Schwärzel M, Seifert R, Strünker T, Kateriya S, Looser J, Watanabe M, Kaupp UB, Hegemann P, Nagel G | title = Fast manipulation of cellular cAMP level by light in vivo | journal = Nat. Methods | volume = 4 | issue = 1 | pages = 39–42 |date=January 2007| pmid = 17128267 | doi = 10.1038/nmeth975 }}</ref>
 
===Estrutura das AC-III===